Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Lista de Expertos Avaliadores para diversos programas: Enerxía Intelixente, Eco-Innovación e Marco Polo

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Obxectivo xeral

Elaboración dunha lista de expertos externos que avalíen as actividades dos seguintes programas: Enerxía Intelixente, Eco-Innovación e Marco Polo.

Obxectivo específico da convocatoria

Elaboración dunha lista de expertos externos que asistan na avaliación das iniciativas de implementación presentadas no programa de competitividade e innovación adoptado polo Parlamento Europeo e polo Consello Europeo.

Eidos de actuación

-Avaliación de propostas presentadas a convocatorias, relacionadas con estes programas mencionados, segundo os criterios publicados nas convocatorias concretas de cada un dos programas.
-Evaluación de iniciativas xa rematadas ou que aínda estén en proceso nos programas mencionados.
-Avaliación dos programas mesmos, para establecer os seus impactos, baseándose en determinados criterios de avaliación especificados.

Destinatarios

Han de ser expertos, con título universitario, con bo coñecemento de inglés, con 5 anos de experiencia profesional dos cais 3 serán nalgunha das seguintes materias:
1) ENERXÍA INTELIXENTE
a)Eficiencia Enerxética
-Edificios, industria, produtos, transporte, eficiencia de uso final e servizos de enerxía.
b)Enerxía Renovable
-Electricidade Renovable, Calefacción e Aparatos de aire frío renovables, integración das enerxías renovables en edificios, xeración de poder renovable descentralizado, biofueles, Bionegocios.
c) Aspectos Transversais:
-Comunidades sustentables, educación e formación en medio ambiente, control e avaliación, comunicación relacionada coa enerxía intelixente, accións locales e axencias de enerxía, calor e poder combinado, mecanismos de financiamento e de xestión de riscos, procesos lexislativos relacionados coa enerxía intelixente.
2) ECO-INNOVACIÓN
a) Procesos de producción máis limpos e productos e servizos novedosos e respetuosos co medio ambiente.
Sector da construcción, químico, comidas e bebidas, industria manufactureira, reciclaxe, procesos de elaboración do metal, eco-diseño, políticas de produtos integrados, produtos bio, Eco-etiqueta, Servizos verdes, mecanismos de financiamento e xestión de riscos, xestión amplia e xestión duradeira.
b) Apoio a empresas e PEMES
-Negocio verde das PEMES, sistemas de xestión medio ambiental, redes de eco-innovación.
3) MARCO POLO
Loxística, transporte por carretera, transporte marítimo, transporte por ferrocarril, experiencia no programa TEN-T, consultoría de transporte, transporte combinado, precios dos transportes.

Financiamento

Contía diaria de 450 €. Os gastos de viaxe, axudas de custos serám reembolsados de acordo coas regras da Comisión Europea.

Duración do proxecto

Os contratos non excederán de 30 días por ano
A lista será válida ata o final dos programas plurianuais.

Data de publicación

08/02/2011

Data límite de solicitude

30/09/2013

Documentación

Contacto

Axencia Executiva para a Competitividade e Innovación (EACI )
Comisión Europea
B-1049 Bruselas

Comentarios

Os destinatarios deber indicar claramente a materia obxecto da súa competencia.
Calquer persona pode enviar unha solicitude durante o período de vixencia dos programas, agás nos últimos tres meses.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante