Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CIP-IEE. Aforro e eficiencia enerxética. Enerxía Intelixente - 2011

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Obxectivo xeral


Contribuír a acadar unha enerxía segura, sustentable e a prezos competitivos para Europa mediante o establecemento de medidas:

a) Fomento da eficiencia enerxética e o uso racional dos recursos enerxéticos.
b) Promoción de recursos enerxéticos novos e renovables e apoiar a diversificación enerxética
c) Promoción da eficiencia enerxética e o uso de fontes enerxéticas novas e renovables no transporte.

Eidos de actuación


1) SAVE: Eficiencia enerxética

Promove accións para axudar a transformar o mercado nuns produtos e sistemas máis eficientes dende o punto de vista enerxético; así como accións para incrementar a competitividade das industrias europeas, en particular as PEMES, potenciando o seu aforro enerxético.

2) ALTERNER: Recursos enerxéticos novos e renovables

Ten como obxectivo incrementar a cota de enerxía renovable no consumo final de enerxía, na UE, promover o uso de enerxías renovables para calefacción e sistemas de refrixeración, e incrementar a produción, utilización de biomasa, biolíquido e biogas nos mercados enerxéticos.

3) STEER: Enerxía no transporte

Pretende reducir o transporte en coche e cambialos por medios de transporte máis eficientes. Isto implica axudar a transformar o mercado promovendo vehículos máis eficientes dende o punto de vista enerxético.

4) INICIATIVAS INTEGRADAS:

Introducir recursos de enerxía renovable en varios sectores da economía e permite combinar varios instrumentos, ferramentas e actores dentro da mesma acción ou proxecto.

Destinatarios


Entidades públicas e privadas, establecidas no territorio dalgún dos Estados Membros da UE, Noruega, Islandia, Liechtenstein ou Croacia.
JRC da Comisión Europea e organizacións internacionais.

Socios


Requírense un mínimo de tres socios de diferentes estados elixibles.

Financiamento

Ata un 75% dos custos elexibles

Orzamento total da convocatoria

67 millóns de euros.

Duración do proxecto

Como máximo, 3 anos

Data de publicación

20/01/2011

Data límite de solicitude

12/05/2011

Documentación

Contacto

1) Marisa Olano
IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía)
Tel: +34 (91) 456 50 25 / 22
Fax: +34 (91) 555 13 89

2) Angel Chamero
Ministerio de Economía
Direción Xeral de política enerxética e minas
Tel: +34 (91) 349 74 26
Fax: +34(91) 349.75.55

Comentarios

Preséntanse moitos proxectos, polo que é necesario ter un proxecto de calidade.
Os solicitantes deben ter capacidade técnica e capacidade operativa para completar a acción que vai ser apoiada e debe xuntar documentación complementaria (currículos dos responsables, descricións dos proxectos e actividades nos últimos tres anos,...)
As candidaturas deben presentarse utilizando o sistema e os formularios electrónicos.
O orzamento asignado por proxecto oscila entre 0,5 e 2,5 millóns de euros.
Algunhas das actuacións de INICIATIVAS INTEGRADAS teñen prazos e requisitos específicos, ver convocatoria.

INFO DAYS: (vid enlace)

Lugar:Bruselas
Data: 18 de xaneiro de 2011

XORNADA INFORMATIVA:

Data: 9 de marzo de 2011
Lugar: Sala Cotxeres. Palau Robert - Barcelona ( vid enlace )

SEMANA DA ENERXÍA SUSTENTABLE (vid enlace)

Data: 11-15 de abril

Xornada de Enerxías renovables como camiño ao aforro enerxético ( vid enlace )
Data: 6 de maio de 2011, de 17:00 a 21:30 h.
Lugar: Auditorio Municipal de Villagarcía de Arousa

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante