Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

IEEA 2010: Enerxía Intelixente- Europa

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Obxectivo xeral

• Mellorar a diversidade enerxética e seguridade da subministración mais fomentar a competitividade das empresas da Unión, en particular as PEME, protexendo o medio ambiente e cumprindo os compromisos internacionais neste ámbito.
• Avanzar na mellora da eficiencia enerxética mediante a implementación de melloras tecnolóxicas nos procesos de produción e unha maior eficacia a través dunha loxística de transporte eficiente.
• O programa Intelligent Energy Europe converteuse no principal instrumento da EU para facer fronte aos obstáculos á difusión do uso eficiente da enerxía e a utilización de recursos enerxéticos renovables.

Obxectivo específico da convocatoria

• Fomentar a eficiencia enerxética e o emprego racional dos recursos enerxéticos
• Promover fontes de enerxía novas e renovables, e fomentar a diversificación enerxética
• Promover a eficiencia enerxética e o uso de fontes de enerxía novas e renovables no ámbito do transporte

Eidos de actuación

• Creación e expansión de métodos efectivos e boas prácticas.
• Actividades de formación e educación.
• Transferencia de know-how.
• Non subvenciona proxectos de investigación.

Destinatarios

• Entidades legais públicas e privadas establecidas nalgún Estado membro, Islandia, Noruega, Liechtenstein e Croacia.
• Organizacións internacionais.

Socios

O número mínimo de socios é de tres, que deben provir de tres países distintos polo menos

Financiamento

O programa cofinancia ata un 75% do total dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

56 millóns de euros

Duración do proxecto

O período máximo de financiamento son 3 anos.

Data límite de solicitude

24/06/2010

Documentación

Contacto

Marisa Olano
IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía).
Tel.: +30 (91)456 50 25/22
Fax.: +34 891) 555 13 89

Angel Chamero
Ministerio de Economía
Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas.
Tel.: +34 (91) 349 74 26
Fax.: +34 (91) 349 75 55
Persoa de contacto e/ou unidade encargada na Comisión Europea. Mencionar se hai un punto nacional de contacto en España.

Comentarios

A competición neste programa é moi alta, polo que os proxectos han de ser de alta calidade.
A proposta deberá ser relevante conforme ás prioridades de IEE, contar con valor engadido transnacional, gozar dunha adecuada relación custo-eficacia, dispoñer dun plan apto de traballo, comunicación e control ademais dunha correcta metodoloxía e un impacto ambicioso e crible das súas accións.
Só se aceptan solicitudes online.
O orzamento asignado por proxecto oscila entre 0.5 e 2.5 millóns de euros.
Este ano inclúese o instrumento de financiamento ELENA.
24 de xuño de 2010 ás 17.00 h, hora local en Bruxelas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante