Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria Infraestruturas enerxéticas transeuropeas Mecanismo Conectar Europa

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

O obxectivo do Mecanismo Conectar Europa é acelerar o investimento no campo das redes transeuropeas e impulsar o financiamento proveniente dos sectores público e privado. A maior parte dos investimentos necesarios en materia de enerxía deben ser cubertos polo mercado e os seus gastos recuperados por medio de aranceis. Non obstante, a concesión de financiamento por parte da Unión poderá ser necesaria para proxectos específicos con beneficios rexionais e europeos máis amplos, que sexan incapaces de atraer financiamento baseado no mercado.

Obxectivo específico da convocatoria

En particular, a presente convocatoria de propostas contribuirá a apoiar proxectos de infraestruturas enerxéticas de interese común que teñan beneficios significativos para a sociedade e que garantan unha maior solidariedade entre os Estados membros, pero que non reciban suficiente financiamento proveniente do mercado. Débese prestar especial atención ao uso eficiente do investimento público.

No sector enerxético, o Mecanismo apoiará proxectos de interese común que persigan un ou máis dos seguintes obxectivos:

-Aumentar a competitividade mediante a promoción dunha maior integración do mercado interior da enerxía e a interoperabilidade das redes de electricidade e gas a través das fronteiras.

-Mellorar a seguridade do abastecemento enerxético da Unión.

-Contribuír ao desenvolvemento sostible e a protección do medio, entre outras cousas, mediante a integración da enerxía procedente de fontes renovables na rede de transmisión, así como a través do desenvolvemento de redes intelixentes de enerxía e redes de dióxido de carbono.

Eidos de actuación

Darase prioridade aos proxectos de interese común e as accións relacionadas cos obxectivos de poñer fin ao illamento enerxético para o ano 2015, a eliminación dos “pescozos de botella enerxéticos”, así como favorecer a posta en marcha do mercado interior da enerxía para o ano 2014.

Ademais, a presente convocatoria ten como finalidade dirixir a principal parte da axuda financeira aos proxectos de electricidade, deixando suxeito á resposta do mercado a calidade e madurez das accións propostas, así como as súas necesidades de financiamento, e recoñecendo plenamente a importancia dos proxectos de gas.

Socios

Poden participar como solicitantes:

- Un ou varios Estados membros;

- Co acordo dos Estados membros implicados, Organizacións Internacionais, empresas conxuntas, ou organismos ou empresas, públicas ou privadas, establecidos en Estados membros.

- Entidades que carezan de personalidade xurídica conforme ao Dereito nacional aplicable, sempre que os seus representantes teñan capacidade para contraer obrigas xurídicas no seu nome e ofrecer garantías para a protección dos intereses financeiros da Unión equivalentes ás brindadas polas persoas xurídicas.

Cando sexa necesario para lograr os obxectivos dun determinado proxecto de interese común, e en casos debidamente motivados, poderán participar tamén terceiros países e entidades establecidas en terceiros países. Non obstante, non poderán financiarse nesta convocatoria de propostas, agás cando sexa indispensable para lograr os obxectivos dun determinado proxecto de interese común.

As propostas presentadas por persoas físicas non serán subvencionables.

Financiamento

O importe da asistencia financeira da Unión non superará o 50% do custo subvencionable dos estudos e / ou traballos. As taxas de financiamento poderán ascender a un máximo do 75% para as accións que proporcionen un alto grao de seguridade na subministración a escala rexional ou da Unión, que fortalezan a solidariedade da Unión ou comprendan solucións altamente innovadoras.

Os custos serán subvencionables a partir da data en que se presentase a solicitude. Neste sentido, considérase como data de presentación da copia impresa do formulario debidamente cuberto, incluíndo os correspondentes anexos, a data de envío (para as propostas enviadas por servizo de mensaxería certificada) ou a data e hora de entrega en man (para as propostas entregadas en man).

Os custos indirectos non serán considerados custos subvencionables. Ademais, non se poderán conceder subvencións a accións xa finalizadas.

Duración do proxecto

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para esta convocatoria de propostas é de 750,00 millóns de euros.

Data de publicación

03/05/2014

Data límite de solicitude

19/08/2014

Documentación

Contacto

Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA)

http://europa.eu/about-eu/agencies/executive_agencies/inea/index_es.htm

Dirección de envío das solicitudes:

Comisión Europea
Axencia Executiva de Innovación e Redes
W910 - 01/38
Avenue du Bourget, 1
B-1140 Bruxelas (Evere)
Bélxica

Comentarios

As propostas deben presentarse tanto en formato electrónico coma en papel. Ámbalas dúas versións teñen que ser idénticas. En caso de discrepancia, prevalecerá a copia en papel.

Recoméndase encarecidamente presentar as solicitudes en Inglés.

De conformidade co artigo 125 do Regulamento financeiro, as subvencións non poderán ter o propósito ou efecto de producir beneficios no marco da acción. En caso de conseguir beneficios, a Comisión terá dereito a recuperar a porcentaxe do beneficio correspondente á contribución da Unión.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante