Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas conforme ao proxecto de programa anual para a concesión de subvencións no eido da Rede Transeuropea de Enerxía (RTE-E) para 2012 [Decisión da Comisión C(2011) 8321].

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE ENERXÍA (TEN-E)

Obxectivo xeral

Fomentar o efectivo desenvolvemento do mercado interior, reforzar a seguridade de subministro e a diversificación de subministradores e rutas para facilitar o desenvovlemento e reducir ao aillamento das rexións menos favorecidas. Así mesmo, promoverá a interconexión, interoperabilidade e desenvolvemento das redes de enerxía europeas.

Obxectivo específico da convocatoria

-O desenvolvemento da rede para fortalecer a cohesión económica e social, reducindo o aillamento das rexións menos favorecidas e insulares.
-A optimización da capacidade da rede e a integración do mercado interior da enerxía, en particular, relativo á sección fronteiriza.
-A seguridade de subministro da enerxía, a diversificación das fontes de enerxía e, en concreto, interconexións con terceiros países.
-A conexión de fontes de enerxía renovables, e
-A seguridade e interoperabilidade de redes interconectadas

Eidos de actuación

A convocatoria centrasen proxctos relativos a:
-A promoción da diversificación das fontes de enerxía e rutas de subministro, mellorando a seguridade do subministro da enerxía europeo.
-A redución dos pescozos de botella, a conxestión e os enlaces perdidos.
-O fomento do desenvolvemento e a conexión das fontes de enerxía renovables.
-O incremento da capacidade de almacenamento subterráneo de gas natural.
-O incremento da capacidade de recepción, almacenamento e regasificación para o gas natural líquido.
-O fomento da construción de gasodutos de alta presión para a diversificación do gas natural cara rexións da UE.
-A mellora da flexibilidade das redes existentes de gas, en concreto, a través de fluxos físicos bi- direccionais.

Destinatarios

-Un ou máis Estados membros (en común)
-Un ou máis organismos públicos ou privados, con autorización do Estado membro en cuestión.
-Unha ou máis organizacións internacionais (coa autorización de tódolos Estados membros afectados).
-Unha empresa común

Financiamento

Taxa de pre-financiamento de ata o 30%.

Orzamento total da convocatoria

21,129.600 millóns de euros

Data límite de solicitude

29/02/2012

Documentación

Contacto

Michael Koehler
Tel.: +32 (0)2 299 0753
Office: BERL 9/036
E-mail: Michael.Koehler@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante