Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

RTE-E. Redes Transeuropeas de Transporte de Electricidade e Gas.

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE ENERXÍA (TEN-E)

Obxectivo xeral

Implementar proxectos de común interés relacionados coas redes transeuropeas de enerxía (electricidade e gas). Comprende as infraestructuras de gas e electricidade necesarias para a implementación da rede, dende estudios técnicos, instalación ou construcción

Obxectivo específico da convocatoria

-Desenvolvemento das redes que reforcen a cohesión económica e social, reducindo o illamento das rexións menos favorecidas de Europa, así como das illas.
-Optimización da capacidade de redes e a integración do mercado interno da enerxí9a, en particular, no que se refere ás seccións fronterizas.
-A seguridade das provisións enerxéticas, diversificación das provisións de fontes de enerxía e, en particular, interconexións con terceiros países.
-Conexión con fontes de enerxía renovables.
-Seguridade, fiabilidade e interoperatibilidade das redes interconectadas.

Eidos de actuación

-Adaptar e desenvolver redes de enerxía apoiando a operatividade do mercado interno enerxético e resolvendo os problemas dos embotellamentos, conxestións e a escasez de unións enerxéticas na UE.
-Establecemento de redes enerxéticas nas rexións periféricas, ultraperiféricas, illadas ou mesmo illas, promovendo, ao mesmo tempo, a diversificación das fontes de enerxía e o uso de fontes de enerxía renovables.
REDES DE ENERXÍA ELÉCTRICA:
-Adaptar e desenvolver redes que faciliten a integración e a conexión da producción de enerxía renovable.
-Asegurar a interoperatibilidade de rede eléctricas dentro da UE coas daqueles países que acceden á UE así como coas de terceiros paises en Europa, no Mar Mediterráneo e no Mar Negro.
REDES DE GAS:
-Desenvolver redes de gas natural para afrontar as necesidades da UE en materia de consumo de gas natural e controlar os sistemas de provisión de gas natural.
-Asegurar a interoperatibilidade das redes de gas natural dentro da UE, cos países candidatos e con terceiros países no Mar Mediterráneo, Mar Negro, Mar Caspio, nas rexións do Este e do Golfo, así como diversificar as fontes de gas natural e provisión de novas rutas.

Destinatarios

Unha ou varias entidades públicas ou privadas dun ou varios Estados Membros. Tamén poden participar as organizacións internacionais. Necesítase a aprobación do proxecto, por parte do Estado Membro.

Socios

Entidades públicas ou privadas ou organizacións internacionais de Estados Membros.

Financiamento

50 % dos custos elixibles para estudios, e o 10 % dos custos elixibles dos traballos.

Orzamento total da convocatoria

24,15 millóns de euros

Duración do proxecto

Non hai unha duración determinada, aínda que a duración media é de 2-3 anos.

Data de publicación

23/12/2010

Data límite de solicitude

28/02/2011

Documentación

Contacto

S.G. Relaciones Energéticas Internacionales
D. Alfonso González Aparicio
C/Panamá, 1
28046 Madrid
Tel.: 902 44 60 06

Comentarios

Só terán financiación europea aqueles proxectos de interés común, segundo o Anexo III das ”Orientacións TEN-E”. Tamén se esixe que sea acorde coa lexislación enerxética da UE e que non acumule diversas fontes de financiación europeas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante