Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas conforme ao proxecto de programa anual para a concesión de subvencións no campo das Redes Transeuropeas de Enerxía (TEN-E) para 2009

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE ENERXÍA (TEN-E)

Obxectivo xeral

A Dirección Xeral de Enerxía e Transporte da Comisión Europea convoca propostas con vistas á concesión de subvencións a proxectos no campo das Redes Transeuropeas de Enerxía atendendo ás prioridades e obxectivos establecidos ao respecto no proxecto de programa de traballo anual para 2009. O programa de traballo anual 2009 en materia de subvencións no ámbito das Redes transeuropeas (TEN) promove:
- O funcionamento eficaz e o desenvolvemento do mercado interior
- O reforzo da seguridade de subministración e a diversificación de rutas e fontes de enerxía
- O desenvolvemento e a redución do illamento das rexións menos favorecidas
- O desenvolvemento sostible e a protección do medio ambiente
- A interconexión, a interoperabilidade e o desenvolvemento de redes transeuropeas de enerxía, así como o acceso a estas redes, de conformidade co dereito comunitario.

Obxectivo específico da convocatoria

- O desenvolvemento dunha rede para fortalecer a cohesión económica e social a través da redución do illamento das rexións menos favorecidas e as rexións insulares da UE.
- A optimización da capacidade da rede e a integración do mercado interior da enerxía, en particular no referente ás rexións transfronteirizas.
- A seguridade no abastecemento enerxético, a diversificación de fontes de enerxía e a mellora das interconexións con terceiros países.
- O desenvolvemento e a interconexión das fontes de enerxía renovables.
- A seguridade, a fiabilidade e a interoperabilidad das redes interconectadas.

Eidos de actuación

A Comisión considera que é importante, no 2009, centrar a axuda financeira dispoñible nos proxectos que teñan por obxecto:
- Favorecer a diversificación das fontes de enerxía.
- Reducir os embotellamentos e os puntos de conxestión.
- Fomentar o desenvolvemento e a conexión de fontes de enerxía renovables.
- Aumentar a capacidade de almacenamento subterráneo de gas natural.
- Aumentar a capacidade de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL).
- Fomentar a construción de gasoductos de alta presión para a diversificación de gas natural ás rexións da Comunidade.
A subvención comunitaria pode adoptar calquera das seguintes formas:
- Bolsas para estudos e traballos.
- Reducións nos xuros ou bonificacións nos préstamos concedidos polo BEI ou por outras institucións financeiras ou organismos públicos ou privados.

Destinatarios

- Un ou varios Estados membros conxuntamente.
- Un ou varios organismos ou empresas públicas ou privadas co consentimento de todos os Estados membros directamente afectados polo proxecto en cuestión
- Unha ou varias organizacións internacionais co consentimento de todos os Estados membros directamente afectados polo proxecto en cuestión
- Unha empresa conxunta co acordo de todos os Estados membros directamente afectados polo proxecto en cuestión.
En ningún caso, as propostas de proxectos presentados por terceiros países ou por persoas físicas ou xurídicas establecidas fóra dos países da UE poden ser beneficiarios dos fondos.

Socios

Non se require un número mínimo de socios aínda que boa parte das Redes Transeuropeas se centran nas conexións transfronteirizas polo que se requeriría do acordo das autoridades responsábeis das redes nacionais.

Financiamento

A previsión de financiamento comunitaria dispoñible para a convocatoria de propostas é:
- Orzamento global: 155,00 M€
- Orzamento orientativo: 8.013,00 M€

Orzamento total da convocatoria

26,05 M€

Data límite de solicitude

24/04/2009

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante