Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Execución das accións do programa: Cidadáns activos con Europa, unha sociedade civil activa en Europa e Memoria histórica activa de Europa.

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2007-2013

Obxectivo xeral

Os obxectivos xerais son:
1. Reunir a persoas de municipios de toda Europa para compartir e intercambiar experiencias, opinións e valores, aprender da historia e construir o futuro.
2. Promover a acción, o debate e a reflexión relacionados coa cidadanía europea e a democracia, os valores compartidos e a historia e a cultura comúns mediante a cooperación dentro das organizacións europeas da sociedade civil.
3. Acercar en maior medida Europa aos seus cidadáns, promovendo os valores e os logros europeos e conservando a memoria do seu pasado.
4. Impulsar a interacción entre os cidadáns e as organizacións da sociedade civil de tódolos países participantes, contribuíndo ao diálogo intercultural e facendo hincapé na diversidade e a unidade europeas, así como prestando especial atención ás actividades destinadas a establecer lazos máis estreitos entre os cidadáns dos Estados membros da Unión Europea na súa composición a 30 de abril de 2004 e os dos Estados membros que se adheriran á mesma desde esa data.

Eidos de actuación

A presente convocatoria abarca diversas accións do programa Europa cos cidadáns, que se financian no marco de dous tipos de subvencións: subvencións a proxectos e subvencións operativas.

ACCIÓN 1: Cidadáns activos con Europa:
Medida1 : Hermanamento de cidades.
Medida 1.1: Encontros de cidadáns no marco do hermanamento de cidades (subvención a proxectos).
Medida 1.2: Creación de redes temáticas entre cidades hermanadas (subvención a proxectos).

Medida 2 : «Proxectos de cidadáns» e «Medidas de apoio».
Medida 2.1: Proxectos de cidadáns (subvención a proxectos).
Medida 2.2: Medidas de apoio (subvención a proxectos).

ACCIÓN 2: Unha sociedade civil activa en Europa.
Medidas 1 e 2: Apoio estrutural para organizacións europeas de investigación sobre política pública e para organizacións da sociedade civil a escala europea (subvencións operativas).
Medida 3 : Apoio a proxectos iniciados por organizacións da sociedade civil (subvención a proxectos).

ACCIÓN 4: Memoria histórica activa de Europa (subvención a proxectos).

Destinatarios

Entes públicos, ou organizacións sen ánimo de lucro con personalidade xurídica, dos Estados membros da UE, Croacia, Albania, ou Antiga República Yugoslava de Macedonia.
Cada acción do programa está aberta, non obstante, a unha serie máis concreta de organizacións, establecéndose os requisitos que deben cumprir éstas na Guía do programa para cada unha das medidas ou
submedidas.

Orzamento total da convocatoria

Acción 1. Medida 1.1: 6.107.000 EUR
Acción 1. Medida 1.2: 4.528.000 EUR
Acción 1. Medida 2.1: 1.308.000 EUR
Acción 1. Medida 2.2: 805.000 EUR
Acción 2. Medida 3: 2.807.000 EUR
Acción 4: 2.414.000 EUR

Data de publicación

14/12/2011

Data límite de solicitude

15/10/2012

Documentación

Contacto

EACEA
Unit P7 Citizenship
Applications — ‘Measure XXX’
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1 (BOUR 01/04A)
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Comentarios

Os prazos de presentación das solicitudes varían en cada unha das accións, polo que é preciso consultar a data límite para cada unha delas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante