Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Accións Cidadáns Activos con Europa, unha Sociedade Civil activa en Europa e Memoria Histórica activa en Europa (2011)

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2007-2013

Obxectivo xeral

1.Acercar os cidadáns ás institucións locais de toda Europa.
2.Favorecer a reflexión sobre a cidadanía europea e a democracia.
3.Achegar a Unión Europea aos cidadáns.
4.Fomentar unha interacción entre cidadáns e organizacións civís a nivel europeo e facilitar deste xeito o diálogo intercultural.

Obxectivo específico da convocatoria

1.Reunir as persoas de municipios de toda Europa para compartir e intercambiar experiencias, opinións e valores.
2.Promover a acción, o debate e a reflexión relacionados coa cidadanía e a democracia europeas.
3.Acercar en maior medida Europa ós seus cidadáns.
4.Impulsar a interacción entre os cidadáns e as organizacións da sociedade civil de todos os países participantes

Eidos de actuación

Esta convocatoria abarca as seguintes accións do programa Europa para os cidadáns:
Acción 1: Cidadáns activos con Europa
Acción 2: A Sociedade civil activa en Europa
Acción 4: Memoria Histórica activa de Europa (subvención a proxectos).

Destinatarios

Entidades legalmente constituídas e emprazadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos:
1.Entidades públicas locais
2.Calquera tipo de organización

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no seguinte ámbito xeográfico:

1.Unión Europea
2.Espazo Económico Europeo
3.Países candidatos
4.Terceiros países.



Socios

Dependendo da acción e medida, establécese un número mínimo de socios para cada caso na Convocatoria.

Financiamento

Acción 1: Medida1.1: “Encontros de cidadáns no marco do irmanamento de cidades”: 7.043.000 EUR
Acción 1: Medida 1.2.: “Creación de redes temáticas entre cidades irmanadas”: 4.528.000 EUR
Acción 1: Medida 2.1.: “Proxectos de cidadáns”: 1.308.000 EUR
Acción 1: Medida 2.2.: “Medidas de apoio”: 1.207.000 EUR
Acción 2: Medida 3: “Apoio a proxectos iniciados por organizacións da sociedade civil”: 2.807.000 EUR
Acción 4: “Memoria histórica activa de Europa”: 1.781.000 EUR

Duración do proxecto

Dependendo das accións e medidas establécese unha duración mínima do proxecto.

Data de publicación

15/12/2010

Data límite de solicitude

15/10/2011

Documentación

Contacto

EACEA
Unit p7 Citizenship
Applications.- “Measure xxx”
Avenue du Bourget, 1 (BOUR 01/17)
1140 Bruxelles
Belgique.


Comentarios

A data límite de solicitude é distinta dependendo da acción e medida:
Acción 1: Medida 1.1.:”Encontros de cidadáns no marco do irmanamento de cidades”: 1 de febreiro, 1 de xuño e 1 de setembro.
Acción 1: Medida 1.2.: “Creación de redes temáticas entre cidades irmanadas”: 1 de febreiro e 1 de setembro.
Acción 1: Medida 2.1.: “Proxectos de cidadáns”: 1 de xuño
Acción 1: Medida 2.2.: “Medidas de apoio”: 1 de xuño
Acción 2: Medidas 1 e 2: “Apoio estrutural para organizacións europeas de investigación sobre política pública (grupos de reflexión) e para organizacións europeas da sociedade civil: 15 de outubro.
Acción 2: Medida 3: “Apoio a proxectos iniciados por organizacións da sociedade civil”: 1 de febreiro
Acción 4: “Memoria histórica activa de Europa”: 1 de xuño.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante