Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Exercicios no eido do Mecanismo Comunitario para a Protección Civil (2011)

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA PROTECCIÓN CIVIL

Obxectivo xeral

O obxectivo do Instrumento Financeiro para a Protección Civil é apoiar os esforzos dos Estados membros na protección principalmente das persoas, pero tamén do medio ambiente e da propiedade, incluído o patrimonio cultural, no caso de desastres naturais e provocados polo home, os actos de terrorismo e accidentes tecnolóxicos, radiolóxicos ou ambientais, incluíndo a contaminación mariña. Tamén ten como obxectivo promover a cooperación entre os Estados membros en materia de protección civil e contaminación mariña.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo desta Convocatoria de propostas consiste na mellora da preparación para a protección civil, así como da resposta a todo tipo de situacións de emerxencia, incluída a contaminación mariña, mediante a creación dunha contorna de proba e de oportunidade de aprendizaxe para todos os actores involucrados nas intervencións de asistencia no marco do Mecanismo de Protección Civil, os participantes nos módulos de protección civil, asistencia técnica e equipos de apoio.

En concreto os resultados esperados serán:

  • Mellora da interoperabilidad dos equipos de intervención como resultado do exercicio; en particular implicará máis rapidez no envío de equipos, mellora dos mecanismos de cooperación, mellora da comunicación entre a central e os equipos e identificación de deficiencias nas estruturas existentes.

  • Os estados participantes estarán preparados para recibir e proporcionar asistencia a través deste Mecanismo.

Eidos de actuación

Os proxectos elexibles para ser co-financiados con cargo á presente convocatoria de propostas estarán integrados por polo menos un dos seguintes tipos de exercicios de protección civil:

  • Exercicios de escala completa, coa participación dun número suficiente das distintas categorías do grupo obxectivo de formación, que necesariamente inclúe a implementación de equipos de intervención. Espérase que o exercicio vaia precedido dun exercicio de simulación.

  • Exercicios de posto de mando, cun despregamento mínimo e centrado nunha serie de categorías que conforman o grupo obxectivo do programa de formación.

Destinatarios

Calquera persoa física ou xurídica, de carácter privado ou público que sexa nacional de calquera dos 27 Estados membros da UE ou dos tres países AELC / EEE (Islandia, Liechtenstein e Noruega).

Financiamento

A cantidade máxima a subvencionar será do 85% dos custos elexibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento máximo desta convocatoria será de 2 millóns de euros. A cantidade máxima de financiamento dun proxecto individual será de 1 millón de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos deben ser desenvolvidos e implementados nun prazo máximo de 24 meses. Non hai período mínimo oficial, pero en vista da complexidade na planificación dos exercicios multinacionais, recoméndase unha duración mínima dun ano.

Data de publicación

09/06/2011

Data límite de solicitude

25/07/2011

Documentación

Contacto

EUROPEAN COMMISSION
DG HUMANITARIAN AID and CIVIL
PROTECTION
Civil Protection Policy, Prevention, Preparedness
and Disaster Risk Reduction Unit (ECHO.A5)
CALL FOR PROPOSALS 2011
“EXERCISES”
AN 88 3/05
B-1049 Brussels

Comentarios

Se desexa participar nesta Convocatoria é preciso que revise a Guía do solicitante a efectos de distinguir entre quenes poden presentar unha solicitude e quenes poden participar nos exercicios.

Poderá solicitar información adicional a través da seguinte dirección de correo: ECHO-CIVIL-PROTECTION-CALLS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante