Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxectos de preparación e prevención para a protección civil (2011)

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA PROTECCIÓN CIVIL

Obxectivo xeral

O obxectivo do Instrumento Financeiro para a Protección Civil é apoiar os esforzos dos Estados membros na protección principalmente das persoas, pero tamén do medio ambiente e da propiedade, incluído o patrimonio cultural, no caso de desastres naturais e provocados polo home, os actos de terrorismo e accidentes tecnolóxicos, radiolóxicos ou ambientais, incluíndo a contaminación mariña. Tamén ten como obxectivo promover a cooperación entre os Estados membros en materia de protección civil e contaminación mariña.

Obxectivo específico da convocatoria

Seleccionar proxectos no eido da protección civil e da contaminación mariña que sexan relevantes segundo o disposto na Decisión do Consello 2007/162, polo que se establece este Instrumento Financeiro. Estas accións levaranse a cabo tanto no ámbito da preparación como no da prevención.

Os obxectivos da preparación para a protección civil son:
- Mellorar a efectividade da resposta de emerxencia mediante a mellora da preparación e a sensibilización de profesionais da protección civil e voluntarios.
- Apoiar e complementar os esforzos dos países participantes para a protección dos cidadáns, o medio ambiente e os bens en caso de desastres naturais e provocados polo home.
- Facilitar a cooperación reforzada entre os Estados participantes na preparación para a protección civil e a contaminación mariña.

Os obxectivos da prevención para a protección civil son:
- Desenvolvemento de políticas baseadas nas experiencias en prevención de desastres.
- Implementación de medidas de prevención.
- Mellora da efectividade das políticas existentes e dos instrumentos financeiros no que respecta á prevención dos desastres.

Eidos de actuación

- Estudo, deseño, desenvolvemento, proba e aplicación de novos enfoques para a prevención e mellora dos existentes.
- Estudo, deseño, desenvolvemento de novos enfoques para vincular sistemáticamente as medidas de prevención para a preparación e a
resposta ás necesidades.
- Elaboración de principios xerais e directrices relativas aos riscos
- Cooperación transnacional no ámbito da prevención, así como identificación de mellores prácticas.
- Realización de proxectos e exercicios a pequena escala destinados a melloras concretas e complementarias e innovación.
- Desenvolvemento e aplicación de actividades innovadoras de protección civil e de contaminación mariña.

Destinatarios

Esta convocatoria está aberta a calquer persoa xurídica (pública ou privada) dun Estado membro, dun Estado do EEE (Noruega, Liechtenstein e Islandia) ou de Croacia.

Socios

Para os proxectos de preparación precísanse alomenos dous socios de dous Estados elixibles diferentes.

Para os proxectos de prevención precísanse alomenos 3 socios de tres Estados elixibles diferentes.

Financiamento

Ata un 75% dos custos subvencionables (o máximo de subvención será 500.000 euros)

Orzamento total da convocatoria

1.600.000 euros para os proxectos de preparación

2.000.000 euros para os proxectos de prevención

Duración do proxecto

Os proxectos terán unha duración máxima de 24 meses

Data de publicación

16/02/2011

Data límite de solicitude

18/03/2011

Documentación

Contacto

Centro Nacional de Coordinación de Salvamento (CNCS)
Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima (SASEMAR)
c/ Fruela, 3 – 1ª Planta, E-28011 – Madrid
Tel: +34-917 559 132 / 559 133
Fax: +34 915 261 440
cncs@sasemar.es

Comentarios

Dentro da convocatoria, convídase á presentación de propostas para dúas modalidades de proxectos diferentes: aqueles centrados no ámbito da prevención e outros relacionados coa preparación e formación dos servizos de Protección Civil.
Este ano a presentación de propostas realizarase en dúas fases e na primeira delas os solicitantes só deberán achegar un resumo (Form S) da acción proposta. Só os participantes que sexan seleccionados pasarán a unha segunda fase.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante