Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxectos de preparación e prevención para a protección civil (2010)

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA PROTECCIÓN CIVIL

Obxectivo xeral

O Instrumento de Financiamento da Protección Civil ten como obxecto apoiar e completar a labor realizada polos Estados membros na protección de persoas, medio ambiente e os bens (incluído o patrimonio cultural), en caso de catástrofes naturais e de orixe humana, de atentados terroristas e de accidentes tecnolóxicos, radiolóxicos ou medioambientais, e de facilitar unha maior cooperación entre os Estados membros no eido da protección civil.

Obxectivo específico da convocatoria

Seleccionar proxectos sobre preparación e prevención que poidan acollerse ao apoio financieiro enmarcado na Decisión do Consello pola cal se establece un Instrumento de Financiación da Protección Civil (2007/162/CE). Convócanse axudas para dous eidos de actuación diferenciados: a prevención e a preparación de persoal.

No ámbito da prevención perséguense tres obxectivos:

• Desenvolvemento de políticas de prevención de desastres baseadas no intercambio de experiencias e prácticas empregadas en situacións de desastre anteriores.
• Poñer en contacto os actores e políticas a través da administración do ciclo de actuación ante un desastre.
• Mellorar a efectividade dos instrumentos de prevención de desastres.

No ámbito da preparación os obxectivos que se pretenden acadar son:

• Mellorar a efectividade de resposta ante emerxencias mediante a formación e concienciación dos profesionais e voluntarios.
• Apoiar e complementar os esforzos dos países participantes para a protección dos cidadáns, o medio ambiente e o patrimonio, en caso de desastre natural ou de natureza humana.
• Facilitar a cooperación reforzada entre os países participantes.

Eidos de actuación

Os criterios para a obtención destas axudas en forma de subvención son:

• Realización de estudos, peritaxes, modelización e hipóteses de traballo.
• Formación, exercicios, talleres, intercambio de persoal e expertos, creación de redes, proxectos de demostración e transferencia de tecnoloxía para mellorar a prevención, a preparación e a resposta efectiva.
• Información, educación e sensibilización da poboación, xunto coas correspondentes accións de divulgación, á fin de reducir ó mínimo os efectos das emerxencias nos cidadáns da UE e axudarlles a protexerse de forma máis eficaz.
• Mantemento das funcións prestadas polo Centro de Control e Información (CCI) do mecanismo para facilitar unha resposta rápida en caso de emerxencia.
• Contribución á creación de sistemas de detección e alerta rápida en caso de catástrofes que poidan afectar o territorio dos Estados membros.
• Establecemento e mantemento dun sistema común de comunicación e información seguro (CECIS), e de instrumentos que permitan a comunicación e o intercambio de información entre o CCI e os puntos de contacto dos Estados membros e demais participantes.
• Accións de control e avaliación.
• Creación dun programa que compile a experiencia adquirida coas intervencións realizadas no marco do Instrumento de Protección Civil.

Destinatarios

Persoas físicas ou xurídicas de dereito público ou privado.

Socios

Non se especifica a necesidade de facer unha proposta conxunta con outros socios, pero será valorada para determinados proxectos.

Financiamento

A UE cofinanciará un 75% dos custos dos proxectos, ata un máximo de 500.000euros por cada proposta financiada no caso dos proxectos de prevención, e 400.000 no caso dos proxectos de preparación.

Orzamento total da convocatoria

1.700.000 euros

Duración do proxecto

Non se establece data mínima de inicio dos proxectos, pero si deben iniciar a súa implementación nun máximo de 24 meses desde a súa aprobación.

Data límite de solicitude

31/03/2010

Documentación

Comentarios

Dentro da convocatoria se invita á presentación de propostas para dúas modalidades de proxectos diferentes: aqueles centrados no ámbito da prevención e aqueloutros relacionados con actividades de preparación e formación para os servizos de Protección Civil.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante