Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Exercicios a escala real no ámbito do Mecanismo Comunitario para a Protección Civil (2009)

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA PROTECCIÓN CIVIL

Obxectivo xeral

O Instrumento de Financiamento da Protección Civil ten como obxecto apoiar e completar a labor realizada polos Estados membros para protexer ás persoas (aínda que tamén o medio ambiente e os bens, incluído o patrimonio cultural), en caso de catástrofes naturais e de orixe humana, de atentados terroristas e de accidentes tecnolóxicos, radiolóxicos o medioambientais, e de facilitar unha maior cooperación entre os Estados membros no eido da protección civil.

Obxectivo específico da convocatoria

A Unidade de Protección Civil da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea lanzou unha convocatoria de propostas a fin de determinar os exercicios a escala real que poderían acollerse ao apoio financeiro previsto no Instrumento de Financiamento da Protección Civil sendo conforme ao establecemento do Mecanismo Comunitario de Protección Civil.

Esta convocatoria de propostas refírese á Acción 2.3 prevista no Programa de Traballo para 2009 cuxa finalidade consiste en incrementar a preparación ante posibles catástrofes. Esta acción ten por obxectivo:
- Establecer o entendemento mutuo na cooperación en intervencións de asistencia de protección civil
- Mellorar a preparación e resposta en materia de protección civil ante casos de urxencia, mediante a creación de centros de adestramento nos que tódolos actores implicados na asistencia en protección civil poidan adquirir as competencias necesarias, ao amparo do Mecanismo Comunitario de Protección Civil.
Os resultados esperados son:
- Mellora da capacidade de resposta dos equipos de intervención e os procedementos de ensaio Mecanismo Comunitario de Protección Civil a través da formación práctica.
- Mellor coñecemento dos acordos de cooperación.
- Redución do tempo de resposta en urxencias reais.
- Unha mellor identificación das deficiencias nas estruturas existentes.
- Unha mellor comunicación entre o centro de operacións e o dispositivo de urxencia sobre o terreo.

Eidos de actuación

- Exercicios a escala real que inclúan un posto de mando, e que supoñan a participación dun número importante dos diversos grupos obxectivo do programa de adestramento e capacitación, e que necesariamente incluirán o despregamento dos equipos de intervención. Poden centrarse nunha función en particular da resposta de urxencia (por exemplo, SAR, etc) ou de varios ao mesmo tempo.
- Exercicios de posto de mando cun despregamento mínimo e específico no ámbito dalgúns dos grupos destinatarios do programa de adestramento e capacitación.

Destinatarios

- Calquera persoa física ou xurídica, de carácter privado ou público
- Nacionais de calquera dos 27 Estados membros da UE e os tres países AELC / EEE (Islandia, Liechtenstein e Noruega).

Financiamento

O importe máximo de financiamento da UE é do 85% dos custos subvencionables. Polo menos o 15% do custo total do proxecto deberá ser financiado por outras fontes. Ademais, a contribución comunitaria por proxecto limítase a un máximo de 1.000.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 1,65 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos deben desenvolverse e aplicarse nun prazo máximo de vinte e catro meses. Non hai período mínimo oficial, pero en vista da complexidade na planificación dos exercicios multinacionais, recoméndase unha duración mínima dun ano.

Data límite de solicitude

20/08/2009

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante