Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción preparatoria relativa a unha capacidade de resposta rápida da UE (2009)

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA PROTECCIÓN CIVIL

Obxectivo xeral

En 2009, a Autoridade Orzamentaria reintroduxo 7,5 millón de € mediante a fusión do Proxecto Piloto na Acción Preparatoria sobre unha capacidade de resposta rápida da UE, destinada a responder inmediatamente ás necesidades críticas derivadas das grandes catástrofes.

A Unidade de Protección Civil da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea puxo en marcha esta convocatoria co obxectivo de apoiar e completar o labor realizado polos Estados membros para protexer ás persoas (aínda que tamén os bens, incluíndo o patrimonio cultural), en casos de catástrofes naturais e de orixe humana, de atentados terroristas e de accidentes tecnolóxicos, radiolóxicos e medioambientais, ou de facilitar unha maior cooperación entre os Estados membros no terreo da protección civil.

O obxectivo xeral dos proxectos que poden ser cofinanciados no marco da presente convocatoria de propostas é mellorar, en base a probas realizadas, a capacidade global da UE para dar unha resposta inmediata, mediante o despregamento da capacidade necesaria en protección civil, ás necesidades críticas derivadas de grandes catástrofes de calquera tipo, dentro e fóra da UE, a petición do Centro de Control e Información (MIC).

Así mesmo, esta convocatoria pretende mellorar a dispoñibilidade de asistencia velando por que os principais recursos de protección civil estean dispoñibles ou en modo de espera durante os períodos correspondentes.

A xestión da Convocatoria de Propostas correrá a cargo da Unidade de Protección Civil da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea.

Obxectivo específico da convocatoria

Financiar proxectos que traten de mellorar a capacidade de resposta rápida en materia de protección civil na UE a través de mecanismos que garantan que os principais recursos e equipos estean dispoñibles durante os períodos clave e que sexan despregados oportunamente para responder ante posibles desastres no marco do sistema comunitario de protección civil a petición do Centro de Control e Información (MIC, nas súas siglas en inglés) da Comisión Europea.

Eidos de actuación

Os proxectos cofinanciados no marco da presente convocatoria de propostas deben incidir nalgunha das seguintes áreas:
- O desenvolvemento de módulos de protección civil entre dous ou máis Estados membros.
- Mantemento en reserva e despregamento de recursos para contribuír a unha rápida e precisa avaliación do impacto dos desastres e as necesidades de asistencia.
- O mantemento en modo de espera dos mecanismos de resposta aos desastres e o despregamento de recursos. En canto a grandes incendios forestais, isto podería contribuír á loita contra incendios naquelas situacións en que os Estados membros non están en condicións de prestar asistencia ben porque xa utilizaron todos os instrumentos dispoñibles, ou ben debido ao alto risco de incendios forestais no seu territorio.
- Probar equipos complementarios que non están, ou que só están dispoñibles de forma limitada nos Estados membros
- Creación de redes europeas de científicos especializados e outros expertos encargados de prestar coñecementos especializados aos equipos de intervención de protección civil enviados ao lugar dos desastres.

As propostas poderán incluír, entre outros, as seguintes accións:
- A planificación da acción incluíndo o deseño, o marco conceptual e o establecemento dunha capacidade europea de resposta rápida
- Cursos de formación
- Medidas para asegurar as situacións de espera da capacidade europea de resposta rápida
- Procedementos Operativos Estándar
- Un despregamento de campo
- Un exercicio a gran escala
- A asistencia ata a cinco reunións organizadas en Bruxelas pola Comisión

Destinatarios

- Calquera persoa xurídica pública ou privada (administracións, universidades, organizacións internacionais, organizacións non gobernamentais, empresas, etc.), establecida nun dos 27 Estados membros da UE.
- En todos os demais casos (os países do EEE, os territorios de ultramar, os países candidatos e terceiros países que non teñen o status de país candidato), a participación como cofinanciadores ou subcontratistas nesta convocatoria é posible pero non recibirán financiamento comunitario.

Socios

Os socios deben cumprir os mesmos requisitos que se esixen ao coordinador do proxecto.

Financiamento

O importe máximo de cofinanciación comunitaria en virtude da presente convocatoria de propostas é do 80% dos custos elexibles (de acordo co orzamento do proxecto).
Trala concesión da subvención, e logo da firma do acordo de subvención por ambas partes, a Comisión abonará o 40% da súa contribución como pago de prefinanciamento.

Orzamento total da convocatoria

A previsión orientativa de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 6,40 millóns de €.

Duración do proxecto

Os proxectos executaranse nun prazo máximo de 24 meses, a partir do 1 de xaneiro de 2010.

Data límite de solicitude

07/08/2009

Documentación

Comentarios

Malia que só os participantes elixibles das zonas xeográficas poden ser beneficiarios desta convocatoria, expertos de terceiros países poderán ser invitados a eventos dentro dun proxecto. Neste caso, os seus gastos de desprazamento poderán cubrirse se están incluídos na proposta e no orzamento aprobado.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante