Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2015 para proxectos de prevención e preparación no eido da protección civil e contaminación mariña

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA PROTECCIÓN CIVIL

Obxectivo xeral

A prevención de desastres e a preparación son elementos esenciais da cooperación europea en materia de protección civil. A presente convocatoria de propostas está dirixida a financiar actividades destinadas a estreitar a cooperación na prevención, preparación e sensibilización en materia de protección civil e contaminación mariña.

Eidos de actuación

Nesta convocatoria distínguense dous tipos de proxectos:

1. Proxectos de Prevención en materia de protección civil e contaminación mariña.
2. Proxectos de Preparación en materia de protección civil e contaminación mariña.

Destinatarios

Requisitos:

• Deberá tratarse de persoas xurídicas.
• Pertencer a unha das seguintes categorías: entidade pública, entidade privada ou organizacións internacionais.
• Estar establecido nun país participante no Instrumento de Financiamento da Protección Civil da UE, un país candidato ou un país dentro da Política de Veciñanza da UE.
• Ser directamente responsable da preparación do proxecto xunto a outros beneficiarios.
• Notificar á autoridade nacional competente sobre a súa proposta co fin de garantir a coherencia entre as actividades financiadas pola UE e pola política nacional.

Socios

Os proxectos propostos deben cumprir as seguintes condicións:

• Se son proxectos financiados ao abeiro da partida orzamentaria interna, deberán estar formados por un consorcio transnacional de a lo menos dúas entidades de distintos países participantes no Instrumento de Financiamento da Protección Civil da UE.
• Se son proxectos financiados ao abeiro da partida orzamentaria externa, deberán estar formados a lo menos unha entidade dun país candidato ou un país dentro da Política de Veciñanza da UE.

Financiamento

A subvención máxima será de 800 000 EUR. Dita subvención representará unha porcentaxe máxima do 75% total dos custes subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

4 250 000 EUR

Data de publicación

30/01/2015

Data límite de solicitude

08/04/2015

Documentación

Contacto

Poderán enviarse dúbidas ao seguinte correo electrónico ata o 31/03/2015:

ECHO-CP-P&P@ec.europa.eu

Comentarios

Os formularios de solicitude poderán atoparse na seguinte dirección web:

http://ec.europa.eu/echo/en/funding-evaluations/financing-civil-protection/calls-forproposal

As solicitudes presentaranse en dous exemplares impresos ( un orixinal e unha copia). Xunto coa proposta de traballo, os candidatos deben, proporcionar unha versión electrónica nunha memoria USB que conteña.

As propostas poderán entregarse:

a) Por correo á seguinte dirección:

European Commission
ECHO A.5 ”Civil protection policy, Prevention, Preparedness and Disaster
Risk Reduction Unit”
L-86 07/05
BE-1049 Brussels

b) Entregado en man na seguinte dirección:

European Commission
Central Mail Service
OIB 4
Avenue du Bourget, 1
BE-1140 Brussels


Para máis información sobre a forma, o contido e a entrega da solicitude e proposta, consultar a Guía do Solicitante:

http://ec.europa.eu/echo/files/funding/opportunities/proposals/2015_call_PandP/28-1-15_Guide_for_applicants_PP_call_2015.pdf

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante