Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EAC/S07/2013 Apoio a un proxecto piloto de Plataforma Europea para Festivais no eido da cultura

Programa

CULTURA

Obxectivo xeral

Aproveitar o potencial dos festivais para maximizar a súa contribución a distintas políticas da UE, como por exemplo a innovación, a inclusión social, a educación e o diálogo intercultural. Realzar a dimensión europea dos festivais e chegar, a través deles, a un grande número de cidadáns de toda Europa.

Obxectivo específico da convocatoria

- Dar promoción, visibilidade e recoñecemento a festivais cun serio compromiso de programación europea, no nivel europeo, estatal, rexional e local, entre outras cousas axudándolles a establecer convenios de colaboración entre o sector público e o sector privado e a acceder ás fontes de financiamento existentes ou de nova creación;
- fomentar os festivais en Europa para axudar a transmitir unha imaxe positiva do continente e sensibilizar sobre os seus valores e as súas distintas culturas, contribuíndo así a que os cidadáns se identifiquen máis coa Unión Europea;
- contribuír a un maior desenvolvemento do público, mediante o uso a gran escala de novas tecnoloxías e a aprendizaxe entre iguais;
- mobilizar festivais para amentar a promoción e a presentación de novos creadores e artistas doutros países europeos, así como a aprendizaxe mutua entre xestores no eido artístico procedentes de distintos países europeos,
- estimular a creación conxunta europea, o cal inclúe a interdisciplinariedade;
- facilitar actividades de establecemento de redes sostibles e un amplo proceso de comunicación que chegue aos cidadáns.

Eidos de actuación

Plataforma Europea para Festivais.

Destinatarios

Para ser elixibles, os solicitantes deberán:
– ser un organismo público ou privado con personalidade xurídica, cuxa actividade principal se leve a cabo no eido dos festivais culturais (as persoas físicas non poderán optar a unha subvención no marco da presente convocatoria);
– ter rexistrada a súa sede social nun dos 28 Estados membros da UE (máis Croacia trala súa adhesión á UE);
– ter unha experiencia demostrada de polo menos dous anos no eido dos festivais culturais.
Debe implicar a festivais de polo menos quince Estados membros da UE distintos; a inclusión dun maior número de países valorarase positivamente.

Financiamento

A axuda financeira da Comisión non poderá exceder do 80 % do total dos custes admisibles.

Orzamento total da convocatoria

1.000.000 €

Duración do proxecto

Un máximo de dous años a partir da data de inicio da acción ou do programa de traballo (novembro de 2013).

Data de publicación

30/04/2013

Data límite de solicitude

26/06/2013

Documentación

Comentarios

marc-hector.vanderhaegen@ec.europa.eu
veronique.pain@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante