Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxectos de cooperación entre organizacións vinculadas á análise de políticas culturais - CULTURE - Strand 3.2

Programa

CULTURA

Obxectivo xeral

Esta categoría ten por obxecto apoiar proxectos de cooperación entre organizacións privadas ou públicas (como departamentos culturais de autoridades nacionais, rexionais ou locais; observatorios ou fundacións culturais, departamentos de universidade especializados en asuntos culturais, organizacións profesionais e redes) que teñan experiencia práctica e directa na análise, a avaliación ou a avaliación do impacto das políticas culturais a escala local, rexional, nacional e/ou europea, en relación cun ou máis dos tres obxectivos da Axenda cultural europea:

- promoción da diversidade cultural e o diálogo intercultural;
- promoción da cultura como catalizador da creatividade no marco da Estratexia de Lisboa para o crecemento e o emprego;
- promoción da cultura como elemento esencial das relacións internacionais da Unión Europea, aplicando a Convención da UNESCO sobre a protección e promoción da diversidade das expresións culturais.

Eidos de actuación

Pódese dar apoio ás actividades seguintes:
- secretaría e coordinación da agrupación, intercambio, análise, comparación e consolidación dos datos cuantitativos ycualitativos existentes e dos métodos de avaliación;
- elaboración de propostas e recomendacións en relación con novos métodos de avaliación ou con datos cuantitativos e cualitativos.
Non se inclúe a realización de novos estudos específicos ou a recompilación de datos.
- elaboración de informes e difusión dos resultados no ámbito da Unión Europea.

Destinatarios

Serán admisibles unicamente as organizacións públicas ou privadas con personalidade xurídica e que teñan o seu domicilio social nun dos países participantes no Programa.
A actividade principal do solicitante debe desenvolvela no ámbito cultural.

Socios

É imprescindible incluír a un mínimo de tres organizacións (o coordinador e polo menos dous coorganizadores e/ou interlocutores asociados) procedentes de tres países participantes no Programa.

Financiamento

cofinanciación será dun máximo de 60% dos gastos elexibles e en ningún caso excederá os 120.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 120.000 euros.

Duración do proxecto

A duración dos proxectos deberá de ser comprendida entre os 12 e 24 meses.

Data de publicación

13/09/2012

Data límite de solicitude

07/11/2012

Documentación

Contacto

Punto de Contacto Cultural de España
Dirección Xeral de Cooperación e Comunicación Cultural
Ministerio de Cultura
Augusto Paramio Neto
Praza do Rei núm 1
E-28004 Madrid
Spain
Tel. (34) 91 701 71 15
Fax (34) 91 701 72 19
E-mail: pcc.culturadgcc.mcu.es
http://www.mcu.es/cooperacion/pcc/index.html

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante