Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

1.2.1. Medidas de cooperación - Programa Cultura

Programa

CULTURA

Obxectivo xeral

Os proxectos de cooperación entre organizacións vinculadas á
análise de políticas culturais, teñen por obxecto apoiar proxectos de cooperación entre organizacións privadas ou públicas (como departamentos culturais de autoridades nacionais, rexionais ou locais, observatorios ou fundacións culturais, departamentos de universidade
especializados en asuntos culturais, organizacións profesionais e redes) que teñan experiencia práctica e directa na análise, a avaliación ou a avaliación do impacto das políticas culturais a escala local, rexional, nacional e/ou europea, en relación cu
n ou máis dos tres obxectivos da Axenda cultural europea:
- promoción da diversidade cultural e do diálogo intercultural;
- promoción da cultura como catalizador da creatividade no marco da Estratexia de Lisboa para o crecemento e o emprego;
- promoción da cultura como elemento esencial das relacións internacionais da Unión Europea, aplicando a Convención da UNESCO sobre a protección e promoción da diversidade das expresións culturais.

Eidos de actuación

As accións deben incluír polo menos a tres organizacións legalmente establecidas en polo menos tres países participantes no Programa.
Pódese dar apoio ás actividades seguintes:
- secretaría e coordinación da agrupación
- intercambio, análise, comparación e consolidación dos datos cuantitativos e cualitativos existentes e dos métodos de avaliación;
- elaboración de propostas e recomendacións en relación con novos métodos de avaliación ou con datos cuantitativos e cualitativos. Non se inclúe a realización de novos estudos específicos ou a recompilación de datos.

Destinatarios

Todo tipo de entidades públicas e privadas cuxa actividade esta relacionada coa cultura.

Financiamento

A cofinanciación é de 60% dos gastos eleXibles, esta non poderá superar en ningún caso os 120.000 euros.

Duración do proxecto

A duración das actividades está comprendida entre 12 e 24 meses.

Data de publicación

12/05/2010

Data límite de solicitude

03/10/2012

Documentación

Procuras de Socios

O bordado na arte contemporánea

Programa Cultura Prioridade 1.2.1 Medidas de cooperación

Os Unthanks

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante