Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/09/12 - MEDIA 2007 - Apoio á distribución de vídeo á carta e cine dixital

Programa

CULTURA

Obxectivo xeral

A Convocatoria de propostas EACEA/09/12 enmárcase no ámbito de aplicación do Programa de apoio ao sector audiovisual europeo (MEDIA 2007).
A principal medida deste programa é apoiar a creación e explotación de catálogos de obras europeas que se distribuirán dixitalmente máis aló das fronteiras a unha audiencia máis ampla e/ou aos exhibidores cinematográficos a través de servizos de distribución avanzados, integrando se procede sistemas de seguridade dixitais para protexer o contido en liña.

Eidos de actuación

As accións subvencionables nesta convocatoria son as seguintes:

- Vídeo á carta: servizo que permite ao usuario seleccionar obras audiovisuais almacenadas nun servidor central remoto que as transmite mediante fluxo continuo e/ou descarga.
- Distribución dixital de obras cinematográficas: Subministración dixital (ata un nivel comercial aceptable) de «contido básico», é dicir, películas, películas ou series para televisión (ficción, animación e documentais) a salas de cine para a súa explotación comercial (a través de disco duro, satélite, en liña ).

Destinatarios

Os canditados poden ser especialmente empresas, pero a convocatoria esta aberta a outros posibles destinatarios.

Os candidatos deberán ter a súa sede en:
- un dos 27 Estados membros da Unión Europea,
- os países do EEE,
- Suíza,
- Croacia,
- Bosnia e Herzegovina (a condición de que este país finalice o proceso de negociación e formalice a súa
participación no programa MEDIA).

Financiamento

A contribución máxima por acción no marco destas disposicións é 1 000 000 EUR.
A contribución económica levará a cabo en forma de subvención e non superará o 50 % dos custos
totais financiables.
A Axencia resérvase a posibilidade de non asignar a totalidade dos fondos dispoñibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 6,73 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración da acción será de 3 anos como mínimo.
As novas accións deberán comezar entre o 1 de xullo de 2012 e o 1 de marzo de 2013.

Data de publicación

24/03/2012

Data límite de solicitude

26/06/2012

Documentación

Contacto

MEDIA Antenne Barcelona

www.antenamediacat.eu
Helena Moreno Núñez
MEDIA Antenne Barcelona
Mestre Nicolau 23
E-08021 Barcelona
Tel. (34-9) 3 552 49 49
Fax (34-9) 3 552 49 53

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante