Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/7/12- Apoio á distribución transnacional das películas europeas Sistema de apoio ”automático”

Programa

CULTURA

Obxectivo xeral

Un dos obxectivos do programa MEDIA é favorecer e promover unha distribución transnacional máis ampla de películas europeas recentes, mediante a atribución de fondos a distribuidores segundo o seu rendemento no mercado, para a reinversión en novas películas europeas non nacionais. O sistema ten tamén por obxectivo, fomentar o desenvolvemento de vínculos entre os sectores de produción e distribución mellorando así a cota de mercado das películas europeas e a competitividade das empresas europeas.

Eidos de actuación

O sistema de apoio «automático» funciona en dúas fases: creación dun fondo potencial, proporcional ao número de entradas vendidas para películas europeas non nacionais nos Estados que participan no programa durante o ano de referencia (2011), ata un límite máximo fixo por película, que se axustará para cada país.
Non poderán participar as proxeccións para grupos ou clubs nas que non se cobre entrada. Todas as entradas vendidas deberán constar nos sistemas de información e comprobación que permitan á autoridade nacional certificalas, reinversión: o fondo así xerado por cada empresa deberá reinvestirse como moi tarde o 1 de outubro de 2013 en 3 módulos (3 tipos de acción):
- a coprodución de películas europeas non nacionais;
- a adquisición de dereitos de distribución, por exemplo mediante garantías mínimas, de películas europeas non nacionais: e/ou gastos de edición (realización de copias, dobraxe e subtitulado), de promoción e de publicidade de películas europeas non nacionais.

Destinatarios

A presente nota diríxese ás empresas europeas especializadas na distribución cinematográfica de obras europeas, e cuxas actividades contribúen a conseguir os obxectivos anteriormente mencionados do programa MEDIA tal e como se describen na Decisión do Consello.
Os candidatos deberán ter a súa sede en:

- un dos 27 Estados membros da Unión Europea,
- un dos países membro da EEE, Suíza, ou Croacia,
- Bosnia e Herzegovina (a reserva de que conclúa o proceso de negociación e formalizouse a participación deste país no programa MEDIA).

Orzamento total da convocatoria

A cofinanciación por parte da Comisión é de 40% ata 60%

Duración do proxecto

A duración das actividades está comprendida entre os 30 e 42 meses sgún actividades.

Data de publicación

29/02/2012

Data límite de solicitude

30/04/2012

Documentación

Contacto

Para máis información contacte con lle punto de contacto España do Programa Media:
ORGANISMO MEDIA DESK ESPAÑA
RESPONSABLE Jesús Hernández Moyano
DIRECCIÓN C/ Luis Buñuel, 2, 2ºA.
Ciudad de la Imagen
28223 Pozuelo de Alarcón (Madrid)
TELÉFONO 915 120 178
FAX 915 120 229
E-MAIL info@mediadeskspain.eu
WEB www.mediadeskspain.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante