Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción 1.3.6 – Apoio a festivais culturais europeos.

Programa

CULTURA

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do programa é contribuír a avanzar cara a un espazo cultural europeo común a través do desenvolvemento dunha maior cooperación cultural entre creadores, actores culturais e institucións culturais dos países participantes.

Os obxectivos específicos do programa son:

1. Promover a mobilidade transfronteiriza dos traballadores do sector cultural.
2. Favorecer a circulación transfronteiriza das obras e producións artísticas e culturais.
3. Favorecer o diálogo intercultural.

Obxectivo específico da convocatoria

Prestar axuda aos festivais que teñan unha dimensión
europea e que contribúan aos obxectivos xerais do Programa (é dicir, mobilidade dos profesionais, circulación das obras e diálogo intercultural).

Destinatarios

Empresas e operadores do sector cultural sen ánimo de lucro, exceptuando o eido do audiovisual.

Financiamento

A cantidade máxima da subvención é de 100.000 EUR‚ que representa un máximo do 60 % dos gastos admisibles. A axuda pode concederse para unha ou para tres edicións do festival.

Orzamento total da convocatoria

O Programa Cultura dispón dun orzamento total de 400 millóns de Euros para o periodo 2007-2013.

Duración do proxecto

Máximo 12 meses.

Data de publicación

07/10/2011

Data límite de solicitude

15/11/2011

Documentación

Contacto

EACEA – Unidade P5 Cultura
Strand 1.3.6
Avenue du Bourget, 1 (BOUR 04/02)
B-1140 Bruxelas – Bélxica
E-mail: EACEA-P5-FESTIVALS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante