Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EAC 09/06 Apoio ás accións culturais

Programa

CULTURA

Obxectivo xeral

Crear un espazo cultural común para os cidadáns europeos, baseado nun patrimonio cultural común, fomentando a cooperación cultural entre os creadores, os operadores culturais e as institucións culturais dos países que participan no programa, co obxectivo de fomentar a aparición dunha cidadanía europea por medio da mobilidade transnacional das persoas que traballan no sector cultural, a circulación transnacional de obras e productos artísticos e culturais e o diálogo
intercultural. O novo programa abandona o enfoque puramente sectorial para promover os proxectos interdisciplinarios de cooperación.

Obxectivo específico da convocatoria

Reforzar a cooperación cultural europea concedendo subvencións a uns 16 proxectos plurianuais de cooperación (apdo. 1.1) e a unhas 120 accións de cooperación (apdo. 1.2.1)

Eidos de actuación

Para os proxectos plurianuais, se apoiarán as cooperacións a longo prazo e estruturadas entre operadores culturais. Subvencionaranse, especialmente proxectos na súa fase inicial ou na súa fase de expansión xeográfica para que poidan afianzarse e acadar autonomía económica. Deberán participar polo menos 6 operadores culturais de 6 países diferentes.
Nas accións de cooperación, darase prioridade a aquelas que primen a creatividade e a innovación e que tendan a unha cooperación a longo prazo. Deberán participar polo menos 3 operadores culturais de 3 países diferentes.

Destinatarios

Toda clase de operadores, incluídas as empresas (sempre que non actúen con ánimo de lucro) procedentes de todos os eidos culturais agás o audiovisual

Financiamento

A subvención comunitaria non excederá un 50% das accións, comprendida entre 200.000 e 500.000 euros para os proxectos plurianuais, e entre 50.000 euros et 200.000 euros para as accións de apoio.

Orzamento total da convocatoria

15,5 millóns de euros para os proxectos plurianuais e 12 millóns de euros para as accións de cooperación.

Duración do proxecto

Os pluriaunuais durarán entre tres e cinco anos, mentres que as accións de cooperación non superarán os dous anos.

Data límite de solicitude

28/02/2007

Documentación

Procuras de Socios

Demostración de sistemas de enerxía optimizados para a execución en grandes distritos enerxéticos, Perugia (Italia)

Afrontando o desemprego infantil desde o principio, Programa Comenius Regio

CÁDIZ MOVILIDAD II

Dixitalización de datos no Oeste de Francia

Comentarios

Convocatoria no DOUE de 7/11/2006
Guía do solicitante e formularios de solicitude na páxina da Axencia Executiva de Educación, Audiovisual e Cultura e da Comisión Europea

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante