Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Aplicación das accións do programa: proxectos plurianuais de cooperación; accións de cooperación; accións especiais (terceiros países); e apoio a organismos activos a escala europea no eido cultural.

Programa

CULTURA

Obxectivo xeral

Impulsar un espacio cultural compartido polos europeos e baseado nunha herdanza cultural común, mediante o desenvolvemento de accións de cooperación entre operadores culturais dos países participantes, co fin de favorecer o xurdimento dunha cidadanía europea.
Pretende promover a mobilidade trasnacional das persoas que traballan no sector cultural, fomentar a circulación trasnacional de obras e produtos artísticos e culturais, e favorecer o diálogo intercultural.

Eidos de actuación

1. Apoio a accións de cooperación cultural. Divídese en 3 Capítulos:
- Capítulo 1.1: Proxectos plurianuais de cooperación.
- Capítulo 1.2.1: Proxectos de cooperación.
- Capítulo 1.3.5: Accións especiais de cooperación con países terceiros.

2. Accións de tradución literaria. (Capítulo 1.2.2)

3. Subvención aos festivais culturais europeos. (Capítulo 1.3.6)

4. Apoio a organismos activos a escala europea no eido cultural. (Capítulo 2)

5. Proxectos de cooperación entre organismos participantes na análise das políticas culturais. (Capítulo 3.2)

Destinatarios

Poden participar tódalas categorías de actores culturais, a condición de que as organizacións concernidas exerzan as actividades culturais sen ánimo de lucro.
As empresas e actividades culturais do sector audiovisual (incluidos os festivais de cine), xa cubertos polo Programa MEDIA, non poderán presentarse ao Programa Cultura. Non obstante, os organismos cuxa actividade principal teña lugar no sector audiovisual e que exerzan esta actividade sen ánimo de lucro poderán presentarse en virtude do capítulo 2 do Programa Cultura, categoría «Redes», dado que non existe unha axuda comparable no marco do Programa MEDIA.
Os candidatos deberán:
— ser organismos públicos ou privados que teñan personalidade xurídica e cuxa actividade principal esté no eido cultural (sector cultural e sector da creación), e
— ter a súa sede social nun dos países seleccionables, que son: os Estados membros da UE, os Estados membros do EEE (Islandia, Liechtenstein, Noruega), ademais de Croacia, antiga República Yugoslava de Macedonia, Turquía, Serbia, Montenegro e Bosnia-Herzegovina.
Albania podería ser admisible sempre que tivera firmado un Memorando de Entendemento relativo á participación deste país no Programa.

Socios

No apoio a accións de cooperación cultural:
- Capítulo 1.1: Proxectos plurianuais de cooperación: mínimo 6 operadores culturais de polo menos 6 países participantes.
- Capítulo 1.2.1: Proxectos de cooperación: mínimo de 3 operadores culturais de polo menos 3 países participantes.
- Capítulo 1.3.5: Accións especiais de cooperación con países terceiros: Mínimo 3 operadores culturais de polo menos 3 países participantes, e cooperación cultural con alomenos un organismo do terceiro país seleccionado e/ou actividades culturais que teñan lugar no terceiro país.

Nos proxectos de cooperación entre organismos participantes na análise das políticas culturais. (Capítulo 3.2): mínimo 3 organizacións legalmente emprazadas en polo menos 3 países que participen no programa.

Financiamento

1. Apoio a accións de cooperación cultural:
- Capítulo 1.1: Proxectos plurianuais de cooperación: A dotación financeira será dun mínimo de 200.000 EUR e un máximo de 500.000 EUR, pero o financiamento comunitario non excederá do 50% dos gastos totais subvencionables.
- Capítulo 1.2.1: Proxectos de cooperación, e Capítulo 1.3.5: Accións especiais de cooperación con países terceiros : A dotación financeira será dun mínimo de 50.000 EUR e un máximo de 200.000 EUR, pero o financiamento comunitario non excederá do 50% dos gastos totais subvencionables.

2. Accións de tradución literaria. (Capítulo 1.2.2): A dotación financeira é dun mínimo de 2.000 EUR e un máximo de 60.000 EUR, aínda que o financiamento comunitario non poderá exceder o 50% dos gastos totais subvencionables.

3. Subvención aos festivais culturais europeos. (Capítulo 1.3.6): o importe máximo da subvención é de 100.000 EUR, que representa como máximo o 60% dos gastos subvencionables.

4. Apoio a organismos activos a escala europea no ámbito cultural. (Capítulo 2): o financiamento máximo dispoñible depende da categoría para a que se solicite a subvención, se ben o financiamento comunitario non poderá exceder do 80% dos gastos subvencionables totais.

5. Proxectos de cooperación entre organismos participantes na análise das políticas culturais. (Capítulo 3.2): O importe máximo da subvención é de 120.000 EUR anuais, que representan como máximo o 60% dos gastos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total do Programa é de 400 millóns EUR para o período 2007-2013.
O orzamento previsto en 2012 é:
Capítulo 1.1: Proxectos plurianuais de cooperación: 20.600.000 EUR
Capítulo 1.2.1: Accións de cooperación: 19.000.000 EUR
Capítulo 1.2.2: Proxectos de tradución literaria: 2.915.371 EUR
Capítulo 1.3.5: Accións de cooperación con terceiros países: 1.500.000 EUR
Capítulo 1.3.6: Apoio aos festivais culturais europeos: 2.700.000 EUR
Capítulo 2: Apoio a organismos activos a escala europea no eido cultural: 6.100.000 EUR
Capítulo 3.2: Proxectos de cooperación entre organismos que participan na análise das políticas culturais: 700.000 EUR

Duración do proxecto

1. Apoio a accións de cooperación cultural:
- Capítulo 1.1: Proxectos plurianuais de cooperación: 3 a 5 anos.
- Capítulo 1.2.1: Proxectos de cooperación: máximo 24 meses.
- Capítulo 1.3.5: Accións especiais de cooperación con países terceiros: máximo 24 meses.

2. Accións de tradución literaria. ( Capítulo 1.2.2): máximo 24 meses.

3. Subvención aos festivais culturais europeos. (Capítulo 1.3.6): ata 12 meses.

4. Apoio a organismos activos a escala europea no eido cultural. (Capítulo 2): ata 12 meses.

5. Proxectos de cooperación entre organismos participantes na análise das políticas culturais. (Capítulo 3.2): ata 12 meses.

Data de publicación

25/08/2011

Data límite de solicitude

03/05/2012

Documentación

Contacto

Punto de Contacto Cultural de España
Secretaría Xeral Técnica
Ministerio de Cultura
Augusto Paramio Nieto
Tamar Lavado Huerta
Plaza del Rey núm 1
28004 Madrid
España
Tel: (34) 91 701 71 15
Fax: (34) 91 701 72 19
E-mail: pcc.cultura@mcu.es
http://www.mcu.es/cooperacion/MC/PCC/index.html


Education, Audiovisual & Culture Executive Agency
Culture Programme (2007–2013)
Avenue du Bourget 1 (BOUR 04/02)
B – 1140 Brussels Belgium
Fax: + 32-2-292.13.29

Comentarios

As datas límite de presentación son:
Capítulo 1.1: Proxectos plurianuais de cooperación: 5 de outubro de 2011
Capítulo 1.2.1:Accións de cooperación: 5 de outubro de 2011
Capítulo 1.2.2: Proxectos de tradución literaria: 3 de febreiro de 2012
Capítulo 1.3.5: Accións de cooperación con terceiros países: 3 de maio de 2012
Capítulo 1.3.6: Apoio aos festivais culturais europeos: 16 de novembro de 2011
Capítulo 2: Apoio a organismos activos a escala europea no eido cultural: 15 de setembro de 2011
Capítulo 3.2: Proxectos de cooperación entre organismos que participan na análise das políticas culturais: 5 de outubro de 2011.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante