Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2011: Capítulo 2: Apoio ás organizacións activas a nivel europeo no eido da cultura.

Programa

CULTURA

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do programa é contribuír a avanzar cara a un espazo cultural europeo común a través do desenvolvemento dunha maior cooperación cultural entre creadores, actores culturais e institucións culturais dos países participantes.

Destinatarios

Organismos públicos ou privados con personalidade xurídica cuxas actividades principais se desenvolvan no área cultural (sectores culturais e creativos) e que teñan o seu domicilio social nun dos países participantes no Programa.

Os candidatos deberán pertencer a un dos 27 países da Unión Europea ou a un dos países do EEE, engadindo Islandia, Liechtenstein, Noruega). Ademais, poderán participar tamén os países candidatos á adhesión a UE (Croacia, Turquía, Antiga República Iugoslava de Macedonia), Serbia e Montenegro.

Existen tres categorías de organismos admisibles baixo este capítulo:
a) Embaixadores
b) Redes de representación e de defensa
c) Plataformas de diálogo estruturado

Financiamento

A subvención outorgada no marco deste capítulo é unha axuda para os gastos operativos aos que deben facer fronte os organismos beneficiarios para a execución do seu programa de traballo. Dita subvención difire profundamente doutros tipos de subvencións.
As subvenciones presentan umbraIs distintos en función de cada categoría. Ditos umbrais varían entre os 100.000 e os 600.000 euros. En cualquera caso, a axuda da UE limítase a un máximo do 80 % do gasto total admisible ou dos gastos estimados en relación co programa de traballo proposto.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total do Programa é de 400 millóns de euros para o período 2007-2013. As asignacións anuais, incluídas as asignacións para accións que non forman parte da Guía do Programa, poderán estar comprendidas entre aproximadamente 43 millóns de euros e aproximadamente 58 millóns de euros, dependendo do exercicio

Data de publicación

16/06/2011

Data límite de solicitude

15/09/2011

Documentación

Contacto

Punto de Contacto Cultural de España
Secretaría Xeral Técnica
Ministerio de Cultura
Augusto Paramio Nieto
Tamar Lavado Huerta
Plaza del Rey núm 1
28004 Madrid
Spain
Tel. (34) 91 701 71 15
Fax (34) 91 701 72 19
E-mail: pcc.cultura@mcu.es
ou
Email da Axencia Executiva:
EACEA-P5-OPERATINGGRANTS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante