Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2011. Axuda para accións culturais: tradución literaria (tramo 1.2.2)

Programa

CULTURA

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do Programa é contribuír a avanzar cara a un espazo cultural europeo común a través do desenvolvemento dunha maior cooperación cultural entre creadores, actores culturais e institucións culturais dos países que participan no Programa.
Os obxectivos específicos do Programa son:

1. Promover a mobilidade transfronteiriza dos traballadores do sector cultural.
2. Favorecer a circulación transfronteiriza das obras e producións artísticas e culturais.
3. Favorecer o diálogo intercultural.

Obxectivo específico da convocatoria

Impulsar a máxima circulación posible da literatura europea entre os ciudadáns europeos por medio do apoio á tradución de literatura
europea de gran calidade nos diferentes idiomas dos países participantes no Programa.
Mellorar o coñecemento da literatura e o patrimonio literario dos concidadáns europeos, favorecendo a circulación das obras literarias entre países.

Eidos de actuación

Tradución literaria

Destinatarios

Editoriais ou grupos editoriais públicos ou privados (non poden ser persoas físicas), que teñan a súa sede social legal nun dos países participantes no Programa.

Financiamento

A dotación financeira é dun mínimo de 2 000 EUR e un máximo de 60.000 EUR, pero o financiamento comunitario non poderá exceder do 50 % dos gastos totais subvencionables.

Duración do proxecto

máximo de 24 meses.

Data de publicación

09/12/2010

Data límite de solicitude

03/02/2011

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual & Culture Executive Agency
Culture Programme (2007-2013)
Strand.1.2.2.-Literary Translation Projects
Avenue du Bourget, 1
BOUR1 04/64
BE- 1140 Brussels
Belgium

Punto de Contacto Cultural de España:
Secretaría General Técnica
Ministerio de Cultura
Plaza del Rey núm 1
28004 Madrid
Spain
Tel. (34) 91 701 71 15
Fax (34) 91 701 72 19
E-mail: pcc.cultura@mcu.es
http://www.mcu.es/cooperacion/MC/PCC/index.html

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante