Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA 2010 Strand 1.3.5. Proxectos de cooperación con terceiros países

Programa

CULTURA

Obxectivo xeral

Apoio a proxectos de cooperación con terceiros países (México)

Obxectivo específico da convocatoria

Fomentar a cooperación internacional en accións culturais concretas con México.

Eidos de actuación

Esta convocatoria cofinancia proxectos de cooperación cultural a través de intercambios culturais entre os países que participan no Programa Cultura e os Terceiros países, asociados ou con proxectos de cooperación culturais coa UE.

Destinatarios

Organismos públicos ou privados con personalidade xurídica cuxas actividades principais se desenvolvan no área cultural (sectores culturais e creativos) e que teñan o seu domicilio social nun dos países participantes no Programa.

Os candidatos deberán pertencer a un dos 27 países da Unión Europea ou a un dos países do EEE, engadindo Islandia, Liechtenstein, Noruega). Ademais, poderán participar tamén os países candidatos á adhesión a UE (Croacia, Turquía, Antiga República Iugoslava de Macedonia), Serbia e Montenegro.

Socios

Os proxectos de cooperación implican a participación de tres operadores culturais, de alomenos tres países elixibles e a cooperación cultural con algunha organización do Terceiro país seleccionado (México) e/ou implicar actividades culturais no mesmo.

Financiamento

O financiamento dos proxectos establecerase nun importe mínimo de 50.000 e un importe máximo de 200.000 euros. A UE financiará o 50% dos custos totais elixibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible sitúase entre os 43 millóns de euros aos 58 millóns de euros en función da cantidade de propostas recibidas.

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos será dun máximo de 24 meses.

Data de publicación

02/12/2010

Data límite de solicitude

03/05/2011

Documentación

Contacto

Bruxelas

Education, Audiovisual & Culture Executive Agency
Culture Programme (2007–2013)
Strand 1.3.5 Third countries projects
Avenue du Bourget 1
(BOUR 04/13)
B – 1140 Brussels Belgium

Comentarios

As solicitudes serán aceptadas ata as 12 am da data límite

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante