Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas do Programa Cultura (2007-2013)—Aplicación das accións do programa: proxectos plurianuais de cooperación; accións de cooperación; accións especiais (terceiros países); e apoio a organismos activos a escala europea no ámbito cultural

Programa

CULTURA

Obxectivo xeral

O obxectivo do Programa Cultura é contribuír a avanzar cara a un espazo cultural europeo común a través do desenvolvemento dunha maior cooperación cultural entre creadores, actores culturais e institucións culturais dos países que participan no Programa.
Os obxectivos específicos do Programa son:

* Promover a mobilidade transfronteiriza dos traballadores do sector cultural.
* Favorecer a circulación transfronteiriza das obras e producións artísticas e culturais.
* Favorecer o diálogo intercultural.

Eidos de actuación

A presente convocatoria cobre os seguintes capítulos do Programa Cultura:

• Apoio a accións de cooperación cultural
Préstase apoio a organizacións culturais para o desenvolvemento de proxectos de cooperación transfronteirizos e para a creación e execución de actividades artísticas e culturais.

*Capítulo 1.1: Proxectos plurianuais de cooperación (cunha duración de entre tres e cinco anos) - Area 1
*Capítulo 1.2.1: Proxectos de cooperación (cunha duración máxima de 24 meses) - Area 2
*Capítulo 1.3.5: Accións especiais de cooperación con países terceiros (cunha duración máxima de 24 meses) - Area 4

• Accións de tradución literaria (cunha duración máxima de 24 meses) (capítulo 1.2.2) - Area 3
O apoio da Unión Europea á tradución literaria pretende mellorar o coñecemento da literatura e do patrimonio literario entre os cidadáns europeos, favorecendo a difusión das obras literarias entre os diversos países. As editoriais poderán beneficiarse de subvencións para a tradución e a publicación de obras de ficción dunha lingua europea a outra.

• Subvención aos festivais culturais europeos (proxectos cuxa duración poderá ser de ata 12 meses, ou acordos de asociación de 3 anos) (capítulo 1.3.6) - Area 5
Este capítulo ten por obxecto o apoio a festivais de ámbito europeo que contribúan á realización dos obxectivos xerais do Programa (é dicir, a mobilidade dos profesionais, a circulación das obras e o diálogo intercultural).

• Apoio a organismos activos a escala europea no ámbito cultural (Capítulo 2) (subvencións de funcionamento dunha duración de 12 meses ou acordos de asociación de 3 anos) - Area 6

Este capítulo está dirixido a organismos que promovan un sentimento de experiencia cultural compartida cunha verdadeira dimensión europea.

• Proxectos de cooperación entre organismos participantes na análise das políticas culturais (cuxa duración poderá ser de ata 12 meses) (capítulo 3.2) - Area 7

Esta categoría ten por obxecto o apoio a proxectos de cooperación entre organizacións públicas ou privadas (servizos culturais das autoridades nacionais, rexionais ou locais, fundacións ou observatorios culturais, departamentos de universidades especializadas en asuntos culturais, organizacións profesionais e redes) que posúen unha experiencia directa e práctica en materia de análise, estimación ou avaliación do impacto das políticas culturais no ámbito local, rexional, nacional e/ou europeo.

Destinatarios

As entidades públicas ou organizacións que participen deberán dispor da súa sede social no ámbito xeográfico seguinte:

* Unión Europea (UE)
* Espazo Económico Europeo (EEE)
* Países Candidatos
* Asociación Europea de Libre Comercio (AELC)
* Terceiros Países

Financiamento

Dependendo do tipo de acción—consultar o texto da convocatoria.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total do Programa é de 400 millóns de euros para o período 2007-2013. As asignacións anuais, incluídas as asignacións para accións que non forman parte da Guía do Programa, poderán estar comprendidas entre aproximadamente 43 millóns de euros e aproximadamente 58 millóns de euros, dependendo do exercicio.

Duración do proxecto

Dependendo do tipo de acción—consultar o texto da convocatoria.

Data de publicación

28/07/2010

Data límite de solicitude

03/05/2011

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual & Culture Executive Agency
Culture Programme (2007–2013)
Avenue du Bourget 1
(BOUR 04/13)
B – 1140 Brussels
Belgium

Punto de Contacto Cultural de España
Secretaría General Técnica
Ministerio de Cultura
Augusto Paramio Nieto
Tamar Lavado Huerta
Plaza del Rey núm 1
28004 Madrid
Tel. (34) 91 701 71 15
Fax (34) 91 701 72 19
E-mail: pcc.cultura@mcu.es
http://www.mcu.es/cooperacion/MC/PCC/index.html

Comentarios

* 15/09/2010: Data límite de presentación de propostas para a área 6
* 01/10/2010: Data límite de presentación de propostas para a área 1, 2 e 7
* 15/11/2010: Data límite de presentación de propostas para a área 5
* 03/02/2011: Data límite de presentación de propostas para a área 3
* 03/05/2011: Data límite de presentación de propostas para a área 4

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante