Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

“Safer Internet” - Convocatoria de propostas conforme ao programa de traballo de subvencións no eido das redes trans-europeas de telecomunicacións conforme ao Instrumento de Interconexión para Europa para o período 2014-2020 (CEF-TC-2014-1)

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

Os obxectivos xerais que persegue a acción comunitaria de redes de telecomunicacións trans-europeas para o ano 2014 son:
- lograr un crecemento económico e apoiar a consecución e o funcionamento do mercado interior para así promover a competitividade da economía europea, incluídas as pemes;
- mellorar a vida diaria dos cidadáns, empresas e administracións a todos os niveis e a través da promoción de redes de banda ancha, o uso da interconexión e a interoperabilidade de redes de banda ancha nacionais, rexionais e locais, así como un acceso non discriminatorio ás devanditas redes e a unha inclusión dixital.
- favorecer os fluxos de inversións tanto privadas como públicas para estimular o uso e a modernización de redes de banda ancha para alcanzar os obxectivos da Axenda Dixital para Europa;
- proporcionar vehículos eficientes para as redes de banda ancha, atraer novas categorías de inversores e promotores de proxectos e animar a presentar proxectos e modelos de negocio innovadores.

Obxectivo específico da convocatoria

Utilizar servizos que apoien tanto un acceso a contidos e recursos apropiados e seguros para os nenos, como unha elaboración de bases de datos para favorecer as chamadas de axuda e os intercambios de información ao respecto. Isto inclúe o lanzamento e o funcionamento de plataformas centrais trans-europeas interoperables e compatibles a nivel internacional, acompañadas de servizos xenéricos para infraestruturas dixitais trans-europeos.

Eidos de actuación

Servizos xenéricos no eido da internet segura; infraestruturas de servizos dixitais; plataformas de servizos centrais; redes de banda ancha; bases de datos con información, boas prácticas, materiais e servizos de apoio e promoción de unha internet segura para os nenos.

Destinatarios

Estados membros da UE

Socios

Socios tanto do sector público como do privado: empresas, entidades públicas, servizos de consultoría, etc.

Financiamento

Financiaranse proxectos de interese común no sector das telecomunicacións e, en especial, no eido da internet máis segura.

Orzamento total da convocatoria

9,7 millóns de euros

Data de publicación

30/04/2014

Data límite de solicitude

27/08/2014

Documentación

Contacto

- As propostas deben prepararse e enviarse á Comisión en formato papel (1 orixinal e 5 copias), acompañadas dunha copia en formato electrónico nun pendrive USB. Débese ter en conta que as propostas enviadas á Comisión non se devolverán ao solicitante. Non se aceptarán as propostas enviadas a través de fax, telex ou e-mail. As propostas deben completarse e enviar por correo certificado e coa referencia CEF-TC-2014-1 a:
European Commission
Directorate-General for Communications Networks, Content and Technology
Office EUFO 2-268
Jean Monnet Building Rue Alcide de Gasperi
L-2920 Luxembourg

Comentarios

A DG CNECT organiza un “Info Day” relacionado coa presente convocatoria sobre Internet máis segura. O evento terá lugar en Luxemburgo o próximo 23 de maio de 2014. Para máis información, consulte o seguinte enlace: http://inea.ec.europa.eu/download/calls2014/CEF-telecom/info_day_safer_internet.pdf

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante