Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para accións indirectas - Protección dos nenos no uso de Internet - Safer Internet - 2013

Programa

SAFER INTERNET

Obxectivo xeral

A presente convocatoria está aberta a propostas que se enmarquen nos obxectivos do Programa comunitario plurianual sobre a protección dos niños no uso de Internet e doutras tecnoloxías da comunicación («Unha Internet máis segura»): sensibilizar á poboación; loitar contra os contidos ilícitos e os comportamentos nocivos en liña; promover un entorno en liña máis seguro; establecer unha base de coñecementos.

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria divídese en dúas partes:
- A primeira parte, relativa a rede europea de centros de seguridade en internet, correspóndese coas accións 1 e 2. Céntrase de forma específica na referencia 1.1, destinada á plataforma piloto para os centros de seguridade en internet.
- A segunda parte correspóndese coa acción 3, promover un entorno en liña máis seguro, centrándose na referencia 3.1, rede temática de ONG para a protección infantil en internet.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE), países candidatos ou terceiros países.

Destinatarios

Entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

•No caso das accións 1 e 2 contidas na referencia 1.1, os usuarios finais da plataforma piloto serán polo menos 10 centros “Safer Internet”. A taxa de cofinanciamento poderá ascender ao 100% dos custos totais elixibles, excluíndo os custos indirectos.
•En canto á acción 3, referencia 3.1, a taxa de cofinanciamento ascenderá ao 100% dos custos totais elixibles, excluíndo os custos indirectos, no caso do coordinador da rede. Os demais participantes asumirán os gastos correntes, a excepción dos gastos derivados das viaxes e reunións da rede, cuxo abono poderán solicitar posteriormente.

Orzamento total da convocatoria

A previsión orzamentaria global desta convocatoria sitúase en 2,28 millóns de euros.

Data de publicación

13/04/2013

Data límite de solicitude

23/05/2013

Documentación

Contacto

Safer Internet helpdesk:
CNECT-SAFERINTERNET@ec.europa.eu

Comentarios

O contacto sinalado encárgase tanto de responder dúbidas sobre a subsanación de solicitudes como do servizo proporcionado para a recepción de borradores das propostas. Estes últimos deberán enviarse coa data límite do 30 de abril.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante