Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2012 de accións indirectas dentro do programa comunitario plurianual sobre a protección dos nenos no uso da Internet e de outras tecnoloxías da comunicación (Unha Internet máis segura) (DOUE C 27/04).

Programa

SAFER INTERNET

Obxectivo xeral

O programa de “Unha Internet mais segura” persigue protexer aos nenos e mozos en Internet grazas a iniciativas que incrementen a concienciación e loiten contra os contidos ou condutas electrónicos ilegais ou lesivos.

Obxectivo específico da convocatoria

O programa estruturase en catro liñas de acción:
a) sensibilizar á poboación;
b) loitar contra os contidos ilícitos e os comportamentos nocivos en liña;
c) promover un entorno en liña máis seguro;
d) establecer unha base de coñecementos.

Eidos de actuación

Liñas de acción 1 e 2: Rede europea de centros de seguridade en Internet. Unha rede integrada: centros de seguridade en Internet. O programa promove a creación de Centros de Seguridade en Internet en toda Europa para coordinar as actividades e reunir unha ampla gama de partes interesadas a fin de garantir as actuacións e facilitar a transferencia de coñecementos.

Liña de acción 2: Loitar contra os contidos ilícitos e os comportamentos nocivos en liña. Un proxecto focalizado en mellorar a detección e análise da pornografía infantil por parte das autoridades policiais.

Liña de acción 3: Promover un entorno en liña máis segura. Unha rede temática: promover as experiencias en liña positivas para os máis pequenos. O programa invita a crear unha rede temática de fomento das experiencias en liña positivas para os más pequenos,

Liña de acción 4: Establecer unha base de coñecementos:
- Un proxecto de mellora dos coñecementos: investigar o impacto sobre os mozos da converxencia da tecnoloxía. Invítase a presentar propostas para un proxecto de mellora dos coñecementos encamiñado a investigar, a través dunha metodoloxía cuantitativa e cualitativa, cómo os cambios nas condicións de acceso e uso (dispositivos móbiles) aportan un risco maior ou menor para a seguridade dos nenos. - Un proxecto de mellora dos coñecementos: identificar ferramentas de busca ou navegación de fácil utilización polos nenos. Invítase a presentar propostas para un proxecto de mellora dos coñecementos encamiñado a identificar a capacidade técnica para poder encontrar contidos adecuados para os nenos e facer que estea dispoñible mediante ferramentas de busca ou navegación que eles poidan usar facilmente.

Destinatarios

Tódalas persoas xurídicas establecidas nos Estados membros. Tamén o está á participación das persoas xurídicas establecidas nos Estados da AELC que sexan Partes Contratantes no Acordo sobre o EEE (Noruega, Islandia e Liechtenstein).

Socios

Entre 3- 4 socios para os centros de Internet máis segura.

Financiamento

Ata o 75% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento previsto é de 13.422.200 euros.

Duración do proxecto

Duración máxima ata 28 meses.

Data límite de solicitude

29/03/2012

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Dirección General de Sociedad de la Información y Medios de Comunicación
Safer Internet
Despacho EUFO 1174
Rue Alcide de Gasperi
2920 Luxembourg
LUXEMBOURG
Fax +352 4301-34079
E-mail: saferinternet@ec.europa.eu
Internet: http://ec.europa.eu/saferinternetES

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante