Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas Safer Internet—Accións indirectas dentro do programa comunitario plurianual sobre a protección dos nenos no uso de Internet e doutras tecnoloxías da comunicación

Programa

SAFER INTERNET

Obxectivo xeral

Promover unha utilización máis segura da Internet e doutras tecnoloxías da comunicación, en especial para os nenos, promover o desenvolvemento dun entorno en liña seguro, reducir o volume de contidos ilícitos que se difunden, facer fronte aos comportamentos potencialmente nocivos, e sensibilizar á poboación sobre os riscos e as precaucións neste entorno.

Obxectivo específico da convocatoria

As diferentes accións sinaladas na presente convocatoria de propostas están aliñadas cos obxectivos xerais dos catro liñas que conforman o Programa Safer Internet:
• Sensibilizar á poboación.
• Loitar contra os contidos ilícitos e os comportamentos nocivos en liña.
• Promover unha maior seguridade no contorno en liña.
• Establecer unha base de coñecementos.

Eidos de actuación

Identificador 1.1. REDE INTEGRADA: CENTROS SAFER INTERNET
-propostas de creación dun Centro Safer Internet en países nos que non se recomendou o financiamento de ningún Centro Safer Internet na convocatoria de 2009;

-propostas de adición de teléfonos de información e asistencia permanente aos Centros Safer Internet cuxo financiamento se recomendou na convocatoria de 2009;

-propostas de adición de teléfonos de axuda aos Centros Safer Internet cuxo financiamento se recomendou na convocatoria de 2009.

Identificador 2.5. REDE TEMÁTICA: FACILITAR A COOPERACIÓN DOS ORGANISMOS ENCARGADOS DE VELAR POLO CUMPRIMENTO DAS LEIS EN EUROPA E A NIVEL INTERNACIONAL

Identificador 2.6. MELLORAR A ANÁLISE EFECTUADA POLOS ORGANISMOS ENCARGADOS DE VELAR POLO CUMPRIMENTO DAS LEIS DOS MATERIAIS ILÍCITOS NAS REDES DE IGUAL A IGUAL (P2P)

Identificador 4.1. PROXECTO DE MELLORA DOS COÑECEMENTOS: ADICCIÓN A INTERNET

Identificador 4.2. REDE TEMÁTICA: ESTÍMULO E COORDINACIÓN DA INVESTIGACIÓN SOBRE O USO POLA INFANCIA DOS NOVOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Destinatarios

O Programa está aberto á participación das entidades legais establecidas nos Estados Membros, así como en Islandia, Noruega e Liechtenstein. O programa vai dirixido tamén ás organizacións internacionais e ás entidades legais establecidas en terceiros países. Atoparase información actualizada sobre que países forman parte do programa no sitio web http://ec.europa.eu/saferinternet

Financiamento

Identificador 1.1:
Financiarase un 50 % dos custos subvencionables (cifra que poderá incrementarse ao 75 % no caso de organismos públicos, PEME e entidades sen ánimo de lucro).

Identificador 2.5:
Financiarase o 100 % dun conxunto limitado de custos subvencionables (actividades de coordinación e implantación da rede) das redes temáticas.

Identificador 2.6:
Financiarase un 50 % dos custos subvencionables (cifra que poderá incrementarse ao 75 % no caso de organismos públicos, PEME e entidades sen ánimo de lucro).

Identificador 4.1:
Financiarase o 100 % dos custos subvencionables directos (segundo defínense no modelo de acordo de subvención) dos proxectos de mellora dos coñecementos, pero non os custos indirectos (gastos xerais).

Identificador 4.2:
Financiarase o 100 % dun conxunto limitado de custos subvencionables (custos directos das actividades de coordinación e implantación da rede) das redes temáticas.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total indicativo dispoñible para esta convocatoria dentro do orzamento de 2010 é de 3 millóns de euros de contribución comunitaria.

Data límite de solicitude

27/05/2010

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Dirección Xeral da Sociedade da Información e Medios de Comunicación
Safer Internet
EUFO 1195
Rue Alcide de Gasperi
2920 Luxembourg
LUXEMBOURG
Fax +352 4301-34079
saferinternet@ec.europa.eu
http://ec.europa.eu/saferinternet

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante