Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Aviso da quinta convocatoria AAL (Vida cotiá asistida pola contorna)

Programa

VIDA COTIÁ ASISTIDA POLA CONTORNA (AAL)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do programa conxunto AAL é mellorar a calidade de vida das persoas maiores e reforzar a base industrial en Europa mediante a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).

Socios

O consorcio deberá enviar unha proposta de proxecto común, cun socio como coordinador. O programa é desenvolvido de xeito conxunto polos Estados Membros e tres países asociados: Israel, Noruega e Suecia.

Financiamento

O programa conta cun orzamento total previsto de 600 millóns de €, dos cales 50% é financiamento público e un 50% financiamento privado das organizacións participantes. O financiamento público componse de contribucións dos programas nacionais de AAL Estados Asociados e a da Unión Europea, cunha contribución financeira por un importe máximo de 150 millóns de euros para a duración do AAL Programa Conxunto. O Programa Conxunto AAL complementa o VII PM de Investigación e Desenvolvemento da UE.

Data de publicación

25/01/2012

Data límite de solicitude

29/02/2012

Documentación

Contacto

O programa conxunto AAL é executado pola Asociación AAL, cuxos membros son as organizacións de contacto dos Estados Asociados á mesma.
A persoa de contacto xeral: Michael Huch (VDI/VDE-IT):
Tel.:+49.30.310078-193,
E-mail: huch@vdivde-it.de

As persoas de contacto en España:
Instituto de Salud Carlos III
Ignacio Baanante
Tel.: 34 9182 22406
E-mail: ibaanante@isciii.es

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información:
Juan Miguel Ibáñez de Aldecoa Quintana
Castellana, 160
28871 Madrid
Fax: 913 462 728
E-mail: jmibanez@mityc.es

Comentarios

O presente é un aviso da quinta convocatoria do Programa AAL cuxa publicación esta prevista facía finais de febreiro 2012 con data límite de envio de solicitudes a finais de maio 2012.

Infórmase tamén da organización dunha Xornada Infomativa onde os interesados recibirán máis información achega do Programa. Para confirmar a súa asistencia ao evento envie un correo-e antes do 24 de febreiro a:
Jacqueline.Teller@aal-europe.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante