Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria AAL-2011-4: Solucións baseadas nas TIC para a mobilidade das persoas da terceira idade.

Programa

VIDA COTIÁ ASISTIDA POLA CONTORNA (AAL)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do programa conxunto AAL (Ambient Assisted Living) é mellorar a calidade de vida das persoas maiores e reforzar a base industrial en Europa mediante a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria ten por obxecto o desenvolvemento de solucións baseadas nas TIC que axudarán ás persoas maiores a manter un nivel óptimo de mobilidade durante o maior tempo posible, así como mellorar o seu nivel de confianza en sí mesmos, a súa autonomía, competencia e seguridad, atendendo a cuestións relativas á mobilidade destas persoas dentro e fora do seu fogar.

Eidos de actuación

A presente convocatoria financiará propostas de solucións innovadoras baseadas nas TIC que teñan potencial para mellorar a mobilidade das persoas maiores en relación con:
1. Orientación e navegación
2. Tecnoloxías de Apoio (axudas para a mobilidade)
A duración do proxecto será de 12 a 36 meses.

Socios

Deberán participar no proxecto polo menos 3 organizacións elixibles (entidades legais) de polo menos tres Estados socios do AAL, polo menos un negocio elixible e un socio SME que poderá ser o dito negocio, debendo ser en total de 3 a 10 socios.

Financiamento

O orzamento para cada proxecto será de 1-7 millóns de euros

Orzamento total da convocatoria

52,7 millóns de euros

Data de publicación

31/03/2011

Data límite de solicitude

30/06/2011

Documentación

Contacto

Asociación AAL
3, Rue de Luxembourg
1050 Bruselas
Bélgica
Tel: +32 2 219 92 25
Fax: +32 2 204 02 19
Email: info@aal-europe.eu

O programa conxunto AAL é executado pola Asociación AAL, cuxos membros son as organizacións de contacto dos Estados Asociados á mesma.
A persoa de contacto xeral: Michael Huch (VDI/VDE-IT):
Tel.: +49.30.310078-193
E-mail: huch@vdivde-it.de

As persoas de contacto en España:
Instituto de Salud Carlos III
Ignacio Baanante
Tel.: 34 9182 22406
E-mail:ibaanante@isciii.es

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información:
Juan Miguel Ibáñez de Aldecoa Quintana
Castellana, 160
28871 Madrid
Fax: 913 462 728
E-mail: jmibanez@mityc.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante