Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Ambient Assisted Living (AAL) - AAL-2010-3
Solucións baseadas nas TIC para o avance na independencia das persoas maiores e participación na ” Sociedade da Autosuficiencia”.

Programa

VIDA COTIÁ ASISTIDA POLA CONTORNA (AAL)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do programa conxunto AAL é mellorar a calidade de vida das persoas maiores e reforzar a base industrial en Europa mediante a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).

Eidos de actuación

O Programa Conxunto AAL é un programa de investigación e desenvolvemento destinado a mellorar a calidade de vida das persoas maiores mediante a utilización das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), emprendido por varios Estados membros.
A presente convocatoria financiará propostas para solucións TICs innovadoras que permitan ás persoas maiores:
- preservar e reforzar a independencia e a dignidade en todos os aspectos da vida cotiá;
- tomar parte activa na “Sociedade da Autosuficiencia”;
- estimular e apoiar as capacidades necesarias para a devandita participación.

Socios

Consorcio de 3-10 socios composto por entidades legais (incluídas as empresas, polo menos un dos socios ten que ser unha peme) de tres países socios do programa ALL distintos. Invítase participación da industria e pemes.

Financiamento

O financiamento máximo por parte do Programa Conxunto AAL é de 3 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo da convocatoria: 54.60 millóns de euros.
O orzamento total do proxecto: 1—7 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración do proxecto ha de estar comprendida entre 12 e 36 meses.

Data de publicación

23/04/2010

Data límite de solicitude

30/07/2010

Documentación

Contacto

Central Management Unit of the AAL Joint Programme (AAL CMU)
AAL Association
Rue du Luxembourg 3
1000 Brussels
Belgium
Silas Olsson, Phone: +32 (0)2 219 9225
cmu@aal-europe.eu

Punto nacional de contacto
Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Miguel Sánchez Dominguez
+34 91 346 27 99
MSANCHEZDO@mityc.es

Instituto de Salud Carlos III
Maria Druet
+34 9182 22530
mdruet@isciii.es

Comentarios

O Programa Conxunto AAL é executado pola Asociación AAL xunto cos programas nacionais AAL Estados Asociados.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante