Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

AAL-2008-1. Solucións TIC para a prevención e a xestión das condicións crónicas das persoas maiores

Programa

VIDA COTIÁ ASISTIDA POLA CONTORNA (AAL)

Obxectivo xeral

Mellorar a calidade de vida das persoas maiores e reforzar a base industrial en Europa mediante a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).

Obxectivo específico da convocatoria

  • Fomentar a aparición de produtos, servizos e sistemas innovadores, baseados nas TIC, que permitan envellecer mellor na casa, na comunidade e no traballo, mellorando así a calidade de vida, e reducindo os custos de asistencia sanitaria e social.
  • Crear unha masa crítica de investigación, desenvolvemento e innovación, a nivel da UE, no ámbito das tecnoloxías e servizos para envellecer mellor na sociedade da información, con participación das pemes.
  • Mellorar as condicións de explotación industrial, proporcionando un marco europeo coherente para el desenvolvemento de enfoques comunes.

Eidos de actuación

A iniciativa AAL ten a súa orixe no cambio demográfico e no envellecemento en Europa, o que implica non só retos senón oportunidades para os ciudadáns, os interlocutores sociais e os sistemas de asistencia sanitaria, así como a industria e o mercado europeo.
As líñas de acción do programa tratarán de:

  • estender o tempo durante o cal a xente pode vivir na súa contorna preferida, aumentando a súa autonomía, confianza en sí mesmos e a mobilidade;
  • apoiar o mantemento da saúde e a capacidade funcional dos anciáns;
  • promover un mellor e máis saudable estilo de vida para as persoas en situación de risco;
  • mellorar a seguridade, para evitar o illamento social e apoiar o mantemento da rede multifuncional ao redor da persoa;
  • apoio aos coidadores, as familias e as organizacións de atención;
  • aumentar a eficiencia e a productividade dos recursos empreados nas sociedades que envellecen

Destinatarios

Centros de investigación e universidades dos países participantes no programa.

Financiamento

57,7 millóns de euros

Duración do proxecto

12-36 meses

Data límite de solicitude

21/08/2008

Documentación

Contacto

A persona de contacto xeral:
Michael Huch (VDI/VDE-IT):
Tel.:+49.30.310078-193,
huch@vdivde-it.de

As personas de contacto en España:

Instituto de Salud Carlos III
Ignacio Baanante
34 9182 22406
ibaanante@isciii.es

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información
:
Juan Miguel Ibáñez de Aldecoa Quintana
Castellana, 160
28871 Madrid
Fax: 913 462 728
jmibanez@mityc.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante