Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Centros de asistencia navegación por satélite en América Latina. Convocatoria de propostas 2011

Programa

PROINVEST

Obxectivo específico da convocatoria

Garantir a visibilidade das actividades europeas relacionadas coa navegación por satélite, facer un seguimento das iniciativas locais de navegación por satélite e apoiar ao sector da navegación por satélite da UE, a través de centros e actividades de información, formación e asistencia, en América Latina.

Eidos de actuación

En particular apoiaranse as seguintes actividades:

  • establecemento e desenvolvemento dunha estratexia de comunicación co obxectivo de promover os pro­gramas europeos de radionavegación por satélite (GNSS) nos terceiros países respectivos e informar os resultados,

  • creación e xestión dun sitio web mentres dure o proxecto,

  • promoción dos produtos europeos mediante a distribución de documentación pertinente de em­presas da UE en distintos actos,

  • supervisión tecnolóxica e, en especial, publicación de informes mensuais de seguimento sobre o desenvolvemento dos sistemas de navegación por satélite no país ou rexión de que se trate,

  • concienciación a través da organización de seminarios que ofrezan oportunidades de cooperación mediante os diversos instrumentos dispoñibles (sétimo programa marco de investigación),

  • ofrecer incentivos ás pemes europeas que desexen exportar en cooperación, por exemplo, co Banco Europeo de Investimentos,

  • facilitar os contactos con organizacións do país ou rexión de que se trate.

    Destinatarios

    Os candidatos deben ser organizacións privadas ou públicas que estean establecidas no país ou rexión de que se trate (América Latina) ou que estean establecidas na Unión Europea e operen no país ou rexión de que se trate.

    Os solicitantes deben estar establecidos nun Estado membro ou en Brasil, Arxentina ou Chile.

    Financiamento

    A axuda econó­mica da Comisión non superará o 70 % do total dos custos admisibles. A subvención máxima ascenderá a 150 000 euros.

    Orzamento total da convocatoria

    O orzamento da convocatoria será de 150.000 euros.

    Duración do proxecto

    A duración máxima dos proxectos será de vintecatro meses.

    Data de publicación

    28/07/2011

    Data límite de solicitude

    15/09/2011

    Documentación

    Comentarios

    As actividades comezarán en novembro de 2011.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante