Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Cara clústers de clase mundial - Promover a excelencia dos Clúster - 62/G/ENT/CIP/13/C/N04C031

Programa

PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria de propostas é continuar os esforzos da UE para fortalecer a excelencia de xestión do clúster na UE mediante o uso dos resultados e as ferramentas desenvolvidas pola Iniciativa Europea da Excelencia do Clúster (ECEI) e baseándose na experiencia e as leccións aprendidas da Convocatoria de propostas de 2011 e dos proxectos actuais que traballan na excelencia dos clústers.

Obxectivo específico da convocatoria

A acción apoiará os seguintes tipos de actividades:
―As actividades de formación dirixidas a todos os socios do proxecto sobre como usar a ferramenta de referencia proporcionada pola Secretaría Europea de Análise de clústers (ESCA) para avaliar o desempeño da xestión das agrupacións;
―As actividades de formación dirixidas a todos os socios do proxecto sobre a forma de axudar aos administradores de clúster a mellorar as súas habilidades de xestión e proporcionar servizos de alta calidade aos membros da agrupación, mediante o uso dos materiais de formación impartidos pola Fundación Europea da Excelencia do Clúster (ECEI (EFCE);
―Actividades de apoio aos esforzos dos grupos de organizacións, que xa teñan adquirido o selo de bronce da excelencia, para pasar ao seguinte nivel de excelencia e adquirir o nivel de ouro.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE), países candidatos e terceiros países

Destinatarios

Entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación

Financiamento

- O número indicativo de proxectos elixidos é de catro;
- A taxa máxima de cofinanciamento sitúase no 95%;
- A cantidade máxima cofinanciada por proxecto serán 344.250

Orzamento total da convocatoria

O orzamento orientativo desta convocatoria é de 1,38 millóns de euros.

Data de publicación

17/04/2013

Data límite de solicitude

18/06/2013

Documentación

Contacto

Consultas relacionadas co contido: ENTR-CFP-13-62-Excellence@ec.europa.eu
Consultas relacionadas coas TIC: DIGIT-EFP7-SEP-SUPPORT@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante