Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Programa para unha industria baixa en carbono (SILC) I- Innovacións a curto prazo - 67-G-ENT-CIP-13-D-N03S02

Programa

PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta convocatoria é apoiar as acciones encamiñadas a que as instalacións de fabricación con alto consumo enerxético, incluídas as industrias de transformación, se incorporen ao Réxime de Comercio de Emisións da Unión Europea. Desta maneira, preténdese que a actividade industrial faga frente aos retos dunha economía baixa en carbono á vez que logra manter a súa competitividade.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico da convocatoria é identificar e seleccionar os proxectos industriais en sectores específicos ou intersectoriais que desenvolvan e implementen medidas rentables de innovación tecnolóxica ou non tecnolóxica, ou unha combinación de ambas, para mellorar o rendmento de emisións de gases de efecto invernadoiro das instalacións en Réxime de Comercio de Emisións da Unión Europea.

Entre as actividades que os proxectos haberán de desenvolver recóllese a presentación de medidas encamiñadas á reducción das emisións, as cales deberán demostrar a súa viabilidade e os “efectos mercado da replicación” así como os “efectos colaterais”. Ademais, deberán presentar unha análise detallada de custos e beneficios, xunto cunha avaliación do impacto esperado sobre a competitividade e un plan de difusión dos resultados.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea (UE), o Espazo Económico Europeo (EEE), Países Candidatos e Terceiros Países.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituidas e localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

A taxa máxima de cofinanciamento europeo sitúase no 75% dos custos totais elixibles. A cantidade máxima deste importe serán 950.000 € por proxecto.

Orzamento total da convocatoria

A previsión global de financiamento dispoñible para a convocatoria de propostas é de 2,85 M€.

Data de publicación

13/03/2013

Data límite de solicitude

13/06/2013

Documentación

Contacto

Comisión Europea – Dirección Xeral de Empresa e Industria
Dirección B – Crecemento Sustentable e UE 2020
Unidade B.1.- Política Industrial Sustentable e Construción
E-mail: ENTR-CFP-SILC-HELPDESK@ec.europa.eu
Dirección: BREY 7/12, B-1049 Bruxelas, Bélxica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante