Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Clusters e espírito empresarial en apoio das industrias emerxentes - 64-G-ENT-CIP-13-C-N04C02

Programa

PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria é axudar ás rexións no uso de cluters como plataformas para a promoción do espírito empresarial co obxectivo de apoiar o desenvolvemento das industrias emerxentes.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo principal é facilitar a reestructuración das actuais cadeas de valor industrial e/ou crear novas cadeas de valor mediante a capitalización. Para isto, os solicitantes deberán desenvolvear algunha das seguintes actividades específicas:
1. Aprendizaxe transnacional de políticas mutua;
2. Colaboración dos Clusters e actividades de relacións (networking);
3. Actividades empresariais de apoio a través dos sistemas de cupóns, servizos de incubación ou a internacionalización das Pemes.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico seguinte: Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE), Países Candidatos ou Terceros Países.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

Tras unha primeira avaliación dos documentos de síntese presentados, seleccionaranse doce propostas, que serán invitadas a enviar unha proposta completa antes do 22 de agosto. As propostas seleccionadas serán un máximo de seis, recibindo cada unha delas a cantidade tope de 708.333 €. A porcentaxe máxima de custos elixibles cofinanciados sitúase no 95%.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 4,25 M€.

Data de publicación

07/03/2013

Data límite de solicitude

17/04/2013

Documentación

Contacto

Comision Europea - Dirección Xeral de Empresa e Industria
Pemes e Emprendemento, Unidade D5 – Clusters e Apoio ás Pemes
E-mail: entr-cfp-emerging-industries@ec.europa.eu
Dirección: BREY 06/049 B-1049 Bruxelas, Bélxica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante