Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

28/G/ENT/CIP/12/E/N01C01 - CONVOCATORIA DE PROPOSTAS -Educación no espíritu empresarial

Programa

PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP

Obxectivo xeral

A presente convocatoria pretende apoiar a implementación do principio I da Iniciativa en favor das
pequenas empresas e a Axenda de Oslo para a Educación do Espírito Empresarial en Europa. A Iniciativa
en favor das pequenas empresas recomenda estimular a mentalidade innovadora e empresarial entre os
mozos, introducindo o espírito empresarial como elemento clave nos programas escolares, e garantir
que a importancia do espírito empresarial reflíctase correctamente na formación do profesorado.
Por conseguinte, o obxectivo da presente convocatoria é promover, a nivel europeo, proxectos sobre
educación no espírito empresarial que teñan un forte valor engadido. As accións estarán destinadas aos
profesores e aos mozos da educación primaria, secundaria e superior.

Eidos de actuación

Os proxectos que se financien centraranse nun dos obxectivos seguintes (ámbitos prioritarios):

Lote 1:
a) Crear modelos transeuropeos de apoio ao desenvolvemento das capacidades e os métodos do profesorado do
ensino primario e secundaria para introducir a aprendizaxe do espírito empresarial en diferentes
materias e en contextos diversos.
b) Deseñar, organizar e pór en marcha talleres de formación/educación a través de Europa para profesores
de empresa en centros de ensino superior (universidades, facultades, escolas de negocios, universi­
dades de ciencias aplicadas, etc.).

Lote 2:
Crear unha plataforma europea en liña para profesores/educadores que lles permita intercambiar boas
prácticas, métodos e material didáctico a nivel transfronteirizo no ámbito da educación no espírito
empresarial.

Lote 3:
Deseñar e probar un marco común europeo de ferramentas e indicadores para avaliar a mentalidade, a
actitude e as capacidades emprendedoras adquiridas polos estudantes de educación empresarial.
As propostas deben abordar un dos obxectivos (ámbitos prioritarios) mencionados. Os candidatos
indicarán claramente na súa proposta a cal dos lotes optan. As actividades deben ter un claro valor
engadido europeo. Han de contribuír á integración europea e a cooperación transfronteiriza.
Os proxectos deben repercutir na xestión dun problema que poida resolverse mellor a nivel europeo e
na creación de novos modelos que poidan reproducirse amplamente en toda Europa. Debe garantirse
a sustentabilidade dos proxectos despois de que finalice o financiamento por parte da UE.

Destinatarios

Poden optar á presente convocatoria as persoas xurídicas establecidas nun dos seguintes países:

1) Estados membros da UE;
2) Os seguintes países do EEE: Liechtenstein e Noruega;
3) Países candidatos: antiga República Iugoslava de Macedonia, Croacia, Islandia, Montenegro e Turquía;
4) Albania, Israel e Serbia (participantes no Programa para a Innovación e a Competitividade).
Os candidatos deben formar parte dun consorcio transnacional con organizacións asociadas de polo menos
outros dous países.

Financiamento

Límite máximo de cofinanciación da UE por proxecto:
Para o lote 1, ata 500 000 EUR
Para o lote 2, ata 400 000 EUR
Para o lote 3, ata 250 000 EUR
Data prevista para o inicio dos proxectos: 1 de novembro de 2012.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento máximo asignado para a operación é de 2 450 000 EUR aproximadamente.
O número aproximado de proxectos que se van a financiar é de entre catro e oito, dependendo do volume e a calidade das propostas recibidas.

Concretamente:
Do lote 1, financiaranse catro proxectos como máximo
Do lote 2, financiaranse dous proxectos como máximo
Do lote 3, financiaranse dous proxectos como máximo
Porcentaxe máxima de cofinanciación da UE dos custos subvencionables:
Ata o 60 % (para todos os lotes).

Duración máxima das accións:
Lote 1: trinta e seis meses
Lote 2: vinte e catro meses
Lote 3: dezaoito meses

Duración do proxecto

Duración máxima das accións:
Lote 1: trinta e seis meses
Lote 2: vinte e catro meses
Lote 3: dezaoito meses

Data de publicación

27/01/2012

Data límite de solicitude

16/04/2012

Documentación

Contacto

Para calquera pregunta envie un correo a :
entr-education-call-2012ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante