Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio á contratación pública de solucións innovadoras: traballo en rede e adquisición de financiamento: ENT/CIP/11/C/N02C011.

Programa

PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP

Obxectivo xeral

Os seus obxectivos xerais do Programa son os seguintes:

1.fomentar a competitividade das empresas e, en especial, das pequenas e medianas empresas (pemes).

2.promover a innovación, incluída a innovación ecolóxica.

3.acelerar o desenvolvemento dunha sociedade da información competitiva, innovadora e inclusiva.

4.promover a eficiencia enerxética e as fontes de enerxía novas e renovables en todos os sectores, incluído o transporte.

Obxectivo específico da convocatoria

Establecer redes trasnacionais para que as autoridades contratantes (definidas nas Directivas 2004/18/CE e 2004/17/CE) e organizacións de apoio á adquisición da innovación que:
- compensen os riscos e custes adicionais,
- colaboren na creación dunha masa crítica,
- poñan a proba a viabilidade e as modalidades de execución dun plan de apoio futuro da UE.

Eidos de actuación

Existen dúas vertentes:

Capítulo 1: O desenvolvemento da contratación pública de solucións innovadoras (fase de preparación e execución)

Capítulo 2: Crear e executar unha plataforma europea adicada á ”contratación pública como ferramenta de innovación”

Nas dúas vertentes compleméntanse os esforzos nacionais e rexionais mediante a suma dunha dimensión europea a través da aprendizaxe mutua e accións concretas.

Destinatarios

Administracións Públicas e Organizacións da sociedade civil, que sexan persoas xurídicas emprazadas nun dos seguintes países:
1) Estados membros da UE
2) Islandia, Liechtenstein, Noruega
3) Outros países participantes no Programa para a iniciativa empresarial e innovación- CIP
Os terceiros países poden participar no programa cando os acordos así o permitan.

Socios

Precísanse socios tanto para as accións do Capítulo 1 como para as do Capítulo 2.
Nas propostas do Capítulo 1 requírese que o consorcio esté integrado alomenos por dúas persoas xurídicas independentes emprazadas en polo menos dous países participantes no CIP.
Nas propostas do Capítulo 2 o número mínimo de integrantes do consorcio é de catro persoas xurídicas emprazadas en países participantes do CIP.

Financiamento

A contribución máxima da UE será como máximo do 95% dos custes totais elixibles dos proxectos do Capítulo 1, e do 85% de ditos custes nos proxectos do Capítulo 2.
A contribución máxima da UE para cada proxecto será de 2.000.000 EUR para os do Capítulo 1 e de 600.000 EUR para o proxecto do Capítulo 2.

Orzamento total da convocatoria

15.000.000 EUR, distribuídos previsiblemente do seguinte xeito:
Capítulo 1: 14.400.000 EUR
Capítulo 2: 600.000 EUR

Financiaranse previsiblemente entre 6 e 10 proxectos do Capítulo 1 proxecto do Capítulo 2.

Duración do proxecto

As accións do Capítulo 1 terán unha duración mínima de 24 meses e máxima de 48 meses.
As accións do Capítulo 2 terán unha duración de 48 meses.
En determinados supostos especiais en que as circunstancias o requiran poderá prorrogarse a duración, aínda que sen superar os 54 meses.

Data de publicación

06/09/2011

Data límite de solicitude

27/09/2011

Documentación

Contacto

Comisión Europea
DX Empresa e Industria
B-1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
Fax: +32 (0) 2 298 79 50
E-mail: entr-cip@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante