Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

2/G/ENT/CIP/11/C/N03C011. Alianza Europea de industrias creativas (ECIA)

Programa

PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP

Obxectivo xeral


OPrograma para a iniciativa empresarial e a innovación ( CIP EIP) , como programa integrado no CIP, presta atención ás actividades que foron dispersadas previamente sobre os programas plurianuais de emprego (MAP), as actividades para a competitividade industrial e a eco-innovación (incluindo tecnoloxías ambientales) do programa existente LIFE-Medio Ambiente.
O CIP EIP tamén conterá as actividades de innovación que xa se probaran e se desenvolveran con éxito baixo programas previos de investigación.

Obxectivo específico da convocatoria


Esta acción ten como obxectivo reforzar o papel das industrias creativas como un catalizador da innovación e o cambio estructural, promovendo o uso máis eficaz de todas as formas diferentes de coñecemento e creatividade para a innovación en toda a economía e apoiar o rexurdimento de novas industrias que combinan o coñecemento e a creatividade coas tecnoloxías modernas, en particular as TIC´s.

Eidos de actuación


Os eidos de actuación son os seguintes:

a) Capítulo 5 – Establecemento da Política de Aprendizaxe
Plataforma da Alianza Europea das Industrias Creativas
b) Capítulo 6 – Accións concretas para a innovación nos servizos
apoio aos servicios innovadores das industrias creativas
c) Capítulo 7– Medidas concretas para un mellor acceso a un
financiamento innovador para as industrias creativas
d) Capítulo 8 – Medidas concretas para a promoción da excelencia do clúster e a cooperación nas industrias creativas

Destinatarios


Poden participar entidades legalmente establecidas nalgún dos países da Unión Europea ou de algún dos países que participan no programa CIP EIP, que son Noruega, Islandia, Liechtenstein, Croacia, a República yugoslava de Macedonia, Montenegro, Turquía, Serbia e Albania.


A Alianza Europea de industrias creativas estará composta de:

a) Un Foro de Expertos para las industrias creativas innovadoras, que serán establecidos por os servizos da Comisión por separado
b) Unha plataforma de aprendizaxe que ten como obxectivo reunir aos responsables rexionais e nacionais das políticas en apoio das industrias creativas innovadoras, para desenvolver ”mellores prácticas” en apoio á innovación de servizos nas industrias creativas
c) Un servizo de información e orientación que ofrece unha plataforma a escala europea de información en liña para as empresas das industrias creativas, incluindo o apoio á innovación dispoñible a nivel rexional, nacional e europeo, próximos eventos e convocatorias abertas, o acceso público e privado ás finanzas, a cooperación do clúster, etc

Socios


Os consorcios dependerán dos eidos de actuación:
1) Capítulo 5:
o consorcio estará formado por entre tres e seis organizacións nacionais, rexionais ou locais, procedentes dun mínimo de tres países participantes.
2) Capítulo 6:
Será unha organización nacional ou rexional
3) Capítulo 7:
O consorcio estará formado por un máximo de cinco socios públicos ou privados, establecidos nun mínimo de tres países diferentes.
4) Capítulo 8:
O consorcio estará formado por un máximo de cinco socios que representen organizacións de clústers, e/ou Administracións públicas nacionais, rexionais ou locais, procedentes dun mínimo de tres países diferentes.

Financiamento


O financiamento varía en función do eido de actuación:
a) Capítulo 5: Financiarase un proxecto, cun máximo de 1,5 millóns de euros
b) Capítulo 6: Financiaranse entre catro e cinco proxectos, cun máximo de 250.000 euros por proxecto
c) Capítulo 7: Financiaranse dous proxectos, cun máximo de 1.250.000 euros por proxecto
d) Capítulo 8: Financiaranse dous proxectos, cun máximo de 1.250.000 euros
As porcentaxes de financiamento son:
a) Para o capítulo 5, o 95%
b) Para o capítulo 6, o 75%
c) Para o capítulo 7, o 65%
d) Para o capítulo 8, o 50%

Orzamento total da convocatoria


O orzamento dispoñible para esta convocatoria é de 7,5 millóns de euros

Duración do proxecto


As accións terán unha duración de tres anos, agás o capítulo 6, que terá unha duración de dous anos

Data de publicación

02/01/2011

Data límite de solicitude

24/06/2011

Documentación

Contacto


E-mail: ENTR-CFP-11-01-02-ALLIANCES@ec.europa.eu

Comentarios


Info Days: (vid enlace)
Lugar: Bruselas, Bélxica
Data: 4 de maio de 2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante