Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

6/G/ENT/CIP/10/E/N01C21. Rede europea de mentores para mulleres empresarias

Programa

PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP

Obxectivo xeral


O Programa para a iniciativa empresarial e a innovación, que forma parte do Programa de Competitividade e Innovación, reunirá actividades nos eidos da iniciativa empresarial, as pemes e a innovación e a competividade no eido industrial.
O programa irá dirixido expresamente ás pemes, e abranguerá dende a alta tecnoloxías das empresas de rápido crecemtno (as denominadas empresas ”gacela”) ás microempresas tradicionais e familiares, que constitúen a gran maioría en Europa.
Abranguerá ao sector industrial e ao sector servizos. Apoiará tamén a iniciativa empresarial e aos empresarios potenciais, tanto en xeral como no caso de grupos de destinatarios concretos, prestando unha atención especial ás cuestións de xénero.
Asimesmo, contribuirá a alentar aos nozos a desenvolver un espíritu emprendedor, tal como intenta promover o Pacto europeo para a xuventude.

Obxectivo específico da convocatoria


A presente convocatoria ten por obxecto crear Redes Nacionais de Mentores para Mulleres Empresarias nun mínimo de quince países.
O conxunto de estas redes constituirá a Rede Europea de Mentores para Mulleres Empresarias.
Este proxecto pretende fomentar e apoiar o espíritu empresarial das mujeres mediante a creación dunha Rede Europea de Mentores para Mulleres Empresarias.
O proxecto recoñece e apoia a singularidade das empresas incipientes femeninas e pretende contribuir á supervivencia destas novas sociedades durante os primeiros anos, que son especialmente difíciles.
Está deseñado como aportación á posta en práctica da Small Business Act (Acta da pequena empresa), especialmente do seu principio 1: «Establecer un marco no que os empresarios e as empresas familiares poidan prosperar e no que se recompense o espíritu empresarial».

Eidos de actuación


O papel principal das redes nacionais consistirá en:
—Determinar, seleccionar e formar a mentores para mulleres empresarias
—Identificar e seleccionar ás mulleres empresarias que poderán contar cun mentor
—Crear as relacións máis útiles e eficientes posibles entre mentor e empresaria asesorada, baseadas na experiencia e as expectativas dos participantes
—Supervisar e facilitar estas relacións mentras dure a acción
—Avaliar estas relacións e informar sobre elas de maneira global e coherente
—Garantir a visibilidade das redes nacionais de mentores como parte dunha iniciativa financiada e respaldada por a UE

Destinatarios


Serán admisibles as solicitudes procedentes dos países seguintes:
a) Os Estados membros da UE;
b) Os seguintes países do EEE: Liechtenstein e Noruega;
c) Os países candidatos: a Antiga República Yugoslava de Macedonia, Croacia, Islandia, Montenegro e Turquía
d) Os seguintes países que participan no Programa para a Innovación e a Competitividade: Albania, Israel e Serbia
Calquer entidade pública ou privada cuxa actividade principal se sitúe no terreno do apoio ás empresas ou a promoción das mulleres empresarias.
Poden participar, en particular:
— Os poderes públicos responsables nos eidos de asuntos económicos, empresa, apoio empresarial ou cuestións conexas,
— As cámaras de comercio e industria, as cámaras de oficios e os organismos similares
— As organizacións de axuda ás empresas e os viveiros ou incubadoras de empresas
—As asociacións empresariais e as redes de apoio ás empresas
—As asociacións de mulleres empresarias
—As entidades públicas e privadas que ofrezan servizos de apoio ás empresas.

Socios


Os solicitantes deben constituir un consorcio nacional de, al menos, dúas organizacións asociadas establecidas no mesmo país (é decir, requírese a participación dun mínimo de dúas organizacións).
O solicitante actuará de coordinador do consorcio. Todas as organizacións asociadas deben cumprir os criterios de admisibilidade

Financiamento


— Número indicativo de proxectos: establecemento de redes nacionais de mentores nun mínimo de quince países.
—Coeficiente de cofinanciamento máxima da UE dos custos subvencionables: ata o 60 % por proxecto
—Límite do cofinanciamento da UE por proxecto: en función do número proposto de empresarias, aplicaránse os seguintes límites de financiamento:
a) Entre 5-10
Ata 35 000 EUR
b) Entre 10-20
Ata 50 000 EUR
c) De 20 en adelante
Ata 75 000 EUR

Orzamento total da convocatoria


Un millón de euros

Duración do proxecto


A duración máxima será de 24 meses

Data de publicación

29/03/2011

Data límite de solicitude

20/04/2011

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Dirección Xeral de Empresa e Industria
Rua Belliard, 100, 1040 - Bruxelles
Avenida d´Auderghem, 45, 1040
Bruselas-Bélxica

Comentarios


Prevese que o mentor teña ao su cargo, por o menos, a dúas empresarias durante o proxecto.
Os mentores actuarán de forma voluntaria, e comprometeránse a absterse de participar nas empresas dirixidas por as empresarias ás que prestaran asesoramento durante os dous anos seguintes ao final do plan de mentoría.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante