Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

5/G/ENT/CIP/11/E/N02S003. Desenvolver a capacidade dos inversores para analizar e utilizar a información ambiental, social e de gobernanza.

Programa

PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP

Obxectivo xeral


O obxectivo xeral desta convocatoria consiste en mellorar o recoñecemento do mercado ás empresas sustentables e socialmente responsables, para facilitarlles a transición a unha economía sustentable.

Obxectivo específico da convocatoria


O obxectivo específico é crear a capacidade dos inversores de integrar máis eficazmente a información de tipo medioambiental, social, e de bo goberno nas avaliacións das súas empresas. Trátase dunha oportunidade para a comunidade inversora para aliñar as súas prácticas coas expectativas das políticas públicas europeas.

Eidos de actuación


As posibles actividades incluirían:

1) O desenvolvemento de módulos educativos e formación sobre a valoración do rendemento do ESG e a súa integración nas cualificacións profesionais de analistas profesionais ou noutros currículos.
Esto pode incluir, por exemplo, o desenvolvemento de estudos de caso para fins educativos e de formación.

2) O establecemento dunha rede ou academia (virtual ou real) para apoiar a mellor integración da información ASG nas valoracións do mercado das empresas.

Destinatarios


Administracións públicas, Estados, Bancos, ONG´s, organizacións internacionais, Administracións locais e rexionais, Centros de formación, universidades, pemes dos Estados Membros, dos países do EEA, estados candidatos e estados dos Balcáns do Oeste ( Montenegro, Albania e Serbia) así como Israel.

Financiamento


O financiamento máximo da UE será dun 50%
O fianciamento máximo será de: 250.000 €

Orzamento total da convocatoria


O orzamento máximo disposto para esta convocatoria é de 250.000 euros

Duración do proxecto

Os proxectos terán unha duración máxima de 24 meses

Data límite de solicitude

20/05/2011

Documentación

Contacto


Comisión Europea
Dirección Xeral de Empresa e Industria
E-mail: entr-cfp-1105-esg-invest@ec.europa.eu

Comentarios


Os proxectos enviados á Comisión deberán conterse nun CD-rom ou nun DVD coa versión electrónica da proposta e dos documentos que a acompañan.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante