Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

4/G/ENT/CIP/11/C/N04C021. Promoción da excelencia na xestión dos clústers nos países participantes no CIP

Programa

PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP

Obxectivo xeral


O Programa de Competitividad e Innovación (CIP), que abrangue dende o 1 de xaneiro 2007 ata o 31 de decembro de 2013, contribuirá á competitividade e á capacidade innovadora da Comunidade en calidade de sociedade avanzada do coñecemento, cun desenvolvemento sustentablle baseado nun crecemento económico equilibrado e unhna economía social de mercado altamente competitiva, cun elevado nivel de protección e mellora da calidade do medio ambiente.

Os obxectivos do programa serán os seguintes:

1) Fomentar a competitividade das empresas e, en especial, das pequenas e medianas empresas (PEMES).

2) Promover a innovación, incluida a innovación ecolóxica.

3) Acelerar o desenvolvemento dunha sociedade da información competitiva, innovadora e inclusiva.

4) Promover a eficiencia enerxética e as fontes de enerxía novas e renovables en todos os sectores, incluido o transporte.

O Programa marco para a innovación e a competitividade (PIC) componse, entre outros do Programa para a iniciativa empresarial e a innovación

Este programa proporcionará financiamento ás empresas para innovar: compartir os riscos de investir nas mesmas e incentivar a inversión privada para a creación de novas empresas innovadoras e para apoyar ás empresas con alto potencial de crecemento en fase de expansión para compensar en parte a falta de capital propio. Gracias a este programa, las PEMES disporán dun acceso simple, claro e eficaz, á información e consellos relativos ás actividades e políticas da Unión Europea que lles afectan mediante as redes de apoio ás empresas como determinados Euro info Centros (CIE) e Centros de enlaces innovación (IRC) existentes que crearán unha xanela única.

Este subprograma incluirá as seguintes accións:

- Acceso ao financiamento para a posta en marcha e o crecemento das pemes e para inversión en actividades de innovación, incluida a innovación ecolóxica

-Creación dunha entorna favorable para a cooperación das pemes
innovación nas empresas, incluida a innovación ecolóxica
iniciativa empresarial e a cultura da innovación

-Reforma económica e administrativa relacionada coa empresa e a innovación
As prioridades do subprograma serán implementadas a través de:

1) Novos instrumentos financieros: mecanismo para as pemes innovadoras e de rápido crecimiento (MIC); mecanismo de garantía para pemes e sistema de desenvolvemento de capacidades

2) Servizos de axuda ás empresas e á innovación, diálogo e cooperación empresarial; servizos de innovación, tecnoloxía e transferencia de coñecementos; servizos que estimulen a participación das pemes no Programa Marco comunitario de IDT.

3) Instrumento de apoio á innovación empresarial
Análise, desenvolvemento e coordinación das políticas cos países participantes

4) Irmandamento entre autoridades a escala nacional e rexional

Obxectivo específico da convocatoria


Según o Observatorio Europeo de Clústers, hai aproximadamente 1000 organizacións de clústers na UE con distintos níveis de experiencia, ambición, apoio público ou privado e notables diferencias na calidade de servizos ofertados ás empresas.

Para contribuir ao desenvolvemento duns clústers máis globalizados e para aumentar a profesionalidade das organizacións de clústers, a Comisión creou en 2009, baixo o programa CIP, a Alianza Europea de Clústers (ECE), cos seguintes obxectivos:

· Identificar os criterios de calidade para a boa xestión das organizacións de clústers.
· Poñer como punto de referencia a excelencia na xestión dos clústers en todos os países da UE.
· Mellorar a cooperación entre as organizacións de clústers en toda a UE.
O obxectivo desta convocatoria é aumentar o nivel da excelencia dos clústers e das redes de xestión na UE mediante unha maior explotación dos resultados da ECE.
Para conseguir isto, invítase ás administracións públicas rexionais e nacionais a executar accións específicas que desenvolvan esta iniciativa e a adapten ás características específicas das nacións ou rexións.

Eidos de actuación


As accións que desenvolverán os obxectivos da Alianza Europea de Clústers ( ECE ) son:

· Ferramentas para a formación
Están orientadas a ofrecer un conxunto integral de materiais como manuais, estudos de casos, fichas pedagóxicas, e materiais audiovisuais que poidan usarse por instructores cualificados en toda Europa.
A estes instructores proveeseráselle formación certificada como acción piloto baixo a iniciativa da ECE.
Os materiais de formación estarán en inglés e a súa traducción noutra língua así como a participación no réxime ”formación de formadores” será unha acción voluntaria.

· Ferramenta de avaliación comparativa.
Estará orientada avaliar o rendemento dos clústers e redes de organizacións tomando como bases indicadores como o exame da súa tipoloxía e estructura de goberno, diversidade e a producción de dos servizos ofertados, apoio financeiro, orientación internacional, logros finais e reputación.
Esta acción contribuirá ao desenvolvemento dun portafolio europeo de clústers e organizacións de redes que participarán na avaliación da excelencia na xestión dos clústers nos países da UE.

· Plataforma de colaboración
Está orientada a facilitar a comunicación entre os clústers e as organizacións, centralizando a información relevante sobre éstes e os seus membros nun só espazo, baseándose en perfiles específicos que asegurarán unha visibilidade internacional fácil e rendible, ofrecéndolle ferramentas de comunicación on-line fáciles de usar por os usuarios das plataformas. A facilidade de uso incluirá a posibilidade de presentar a información en varias línguas coa axuda dun traductor online.

Destinatarios


Han de ser, como mínimo, 3 entidades legais independientes establecidas en, ao menos, 3 países participantes no CIP, incluindo Albania, Croacia, República yugoslava de Macedonia, Islandia, Israel, Liechtenstein, Montenegro, Noruega, Serbia e Turquía.

Socios


Os consorcios han de estar compostos por Administracións Públicas rexionais ou nacionais que manexen clústers ou programas de redes de, al menos, 3 países participantes no CIP.

Financiamento


Financiaranse un máximo de 5 proxectos cun máximo do 95% dos custos elexibles.
Os custos das actividades de xestión do proxecto están limitadas ao 10%
E os custos indirectos serán financiados ata o 7%
Non se financiará máis de 400.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento será de 2.000.000 euros

Duración do proxecto


Un máximo de 24 meses, aínda que pode haber unha prórroga ata os 30 meses.

Data de publicación

04/03/2011

Data límite de solicitude

10/05/2011

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Dirección Xeral de Empresa e Industria
Apoio á Innovación Industrial, Unit D.2
BREY 06/171, B-1049 Bruselas, Bélxica
E-mail: ENTR-CFP-11-03-04-clusters@ec.europa.eu

Comentarios

A subcontratación non limita a responsabilidade dos beneficiarios.


INFO DAY:
Data: 4 de maio de 2011
Lugar: Bruxelas (Bélxica)

A presentación farase en dúas etapas, con dous prazos distintos:
1) Primeira etapa ata o 10 de maio de 2011
2) Segunda etapa ata o 10 de xuño de 2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante