Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

3/G/ENT/CIP/11/C/N04C011. Promoción das actividades de clústers nos países participantes no CIP

Programa

PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP

Obxectivo xeral


O Programa de Competitividade e Innovación, que abrangue dende el 1 de xaneiro 2007 ata el 31 de decembro 2013, contribuirá á competitividade e á capacidade innovadora da Comunidade en calidad de sociedade avanzada do coñecemento, cun desenvolvemento sustentable baseado nun crecemento económico equilibrado e unha economía social de mercado altamente competitiva, e cun elevado nivel de protección e mellora da calidade do medio ambiente.

Os obxectivos do programa serán os seguintes:

a) Fomentar a competitividade das empresas e, en especial, das pequenas e medianas empresas (PEMES).
b) Promover a innovación, incluida a innovación ecolóxica.
acelerar o desenvolvementlo dunha sociedade da información competitiva, innovadora e inclusiva.
c) Promover a eficiencia enerxética e as fontes de enerxía novas e renovables en todos os sectores, incluido o transporte.

O Programa marco para a innovación e a competitividade (PIC) componse, entre outros do Programa para a iniciativa empresarial e a innovación

Este programa proporcionará financiamento ás empresas para innovar, compartir os riscos de investir nas mesmas e incentivar a inversión privada para a creación de novas empresas innovadoras e para apoiar ás empresas con alto potencial de crecemento en fase de expansión para compensar en parte a falta de capital propio. Gracias a este programa, as PEMES disporán dun acceso simple, claro e eficaz á información e consellos relativos ás actividades e políticas da Unión Europea que lles afecten mediante as redes de apoio ás empresas como determinados Euro info centros (CIE) e Centros enlaces innovación (IRC) existentes que harán única xanela.

Este subprograma incluirá as seguintes accións:

a) Acceso ao financiamento para a posta en marcha e o crecemento das pemes e para inversión en actividades de innovación, incluida a innovación ecolóxica
b) Creación dunha contorna favorable para a cooperación das pemes
innovación nas empresas, incluida a innovación ecolóxica
iniciativa empresarial e a cultura dla innovación
c) Reforma económica e administrativa relacionada coa empresa e a innovación

As prioridades do subprograma serán implementadas a través de:

1) Novos instrumentos financeiros: mecanismo para as pemes innovadoras e de rápido crecemento(MIC); mecanismo de garantía das pemes e sistema de desenvolvemento de capacidades
2) Servizos de axuda ás empresas e á innovación, diálogo e cooperación empresarial; servizos de innovación, tecnoloxía e transferencia de coñecementos; servizos que estimulen a participación das pemes no Programa Marco comunitario de IDT.
3) Instrumento de apoio á innovación empresarial
Análise, desenvolvemento e coordinación das políticas cos países participantes
4) Irmandamento entre autoridades a escala nacional e rexional

Obxectivo específico da convocatoria


Como resultado da globalización do mercado, as alianzas entre empresas e os esquemas de colaboración están cobrando maior importancia a nivel internacional. Os clústers e as redes profesionais, ao igual que as PEMES a miúdo se ven forzadas a buscar e adquirir competetncias complementarias alí onde haxa.
Ademáis, o acceso a mercados extranxeiros é un importante compoñente da ventaxa competitiva dun clúster e un factor que conduce ás masas críticas, especialmente ao comparalas cos clústers enfocados ao eido local.
Moitos clústers da UE acadaron xa a súa etapa de madurez e a cooperación internacional é o seguinte paso cara o reforzamento da súa ventaxa competitiva. Isto forza aos xestores dos clústers a buscar socios de negocios a nivel internacional, que reforcen a súa competitividade global.
Aínda que hai casos de cooperación internacional de clústers, na práctica sólo uns poucos clústers manteñen relacións internacionais fortes cos seus socios fora da UE. As peticións dun maior apoio para esta cooperación constitúe unha das peticións prioritarias dos clústers.
Os resultados dunha enquisa feita en 2007 entre 91 iniciativas de clústers nos países da UE, liderada por a Rede Xermana de Competencia
(“Kompetenznetze”) deu como resultado que só o 10% das iniciativas de clústers ou redes de traballo teñen unha estratexia internacional.

Eidos de actuación


Os eidos de actuación son dous:

1) Dar incentivos financeiros ás administracións públicas rexionais ou nacional, así como ás axencias ( que serán os coordinadores ou ”organización anfitriona”, que manexará o clúster ou os programas de redes profesionais que apoien as actividades internacionais, co obxectivo de que os clústers e redes procedentes doutros países da UE poidan participar neses programas (organizacións de clústers invitadas).
2) Dar incentivos financeiros ás administracións públicas rexionais ou nacionais, así como ás axencias comprometidas con engadir unha dimensión internacional aos clústers existentes e aos programas de redes profesionais existentes, ou ben lanzar iniciativas piloto neste senso e ofrecer a posibilidade de que outros clústers ou organizacións de redes doutros países da UE participen.

Destinatarios


Os participantes serán 4 entidades legais independientes establecidos en, al menos, 3 países participantes.
Os países poden ser Estados Membros da UE, ou ben países que participen no CIP, incluindo Albania, Croacia, a República yugoslava de Macedonia, Islandia, Israel, Liechtenstein, Montenegro, Noruega, Serbia e Turquía.

Socios


Os consorcios estarán compostos de:
1) Unha Administración Pública nacional/rexional ou unha axencia, que xestione o clúster ou o programa de rede
2) Como mínimo, un clúster e unha organización en rede da rexión/país organizador
3) Un mínimo de dous clústers ou organizacións de redes doutros países participantes no CIP.

Financiamento

Serán financiados un máximo de 4 proxectos
O financiamento oscilará entre o 60% e o 80% dos custos elexibles, cun máximo de 600.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

2.400.000 euros

Duración do proxecto

Un máximo de 24 meses, aínda que pode haber unha prórroga ata os 30 meses.

Data de publicación

04/03/2011

Data límite de solicitude

10/05/2011

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Dirección Xeral de Empresa e Industria
Apoio para a Innovación Industrial Unit D.2
BREY 06/171, B-1049 Brussels, Belgium
E-mail: ENTR-CFP-11-03-04-clusters@ec.europa.eu

Comentarios


A subcontratación non limita a responsabilidade dos beneficiarios.

-INFO DAY: (vid enlace)

Data: 4 de maio de 2011
Lugar: Bruselas (Bélxica)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante