Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa Formativo ”Entendendo China 2011”

Programa

ENTENDENDO CHINA

Obxectivo xeral

”Understanding China” é un programa altamente titorizado desenvolvido segundo as necesidades das organizacións de negocios.
Ofrece unha mezcla de formación e experiencia práctica sobre os negocios e cultura chinesas, organizado dun xeito flexible, de maneira que permita a compatibilidade coa vida profesional dos participantes.

Obxectivo específico da convocatoria

Ao final do programa, crearase unha REDE de EXPERTOS en organizacións de negocio ao longo de toda Europa.
As actividades están dirixidas a unha participación activa así como a discusións dinámicas.

Eidos de actuación

Os seminarios terán lugar en China e na Unión Europea e compondranse dunha serie de actividades prácticas e sociais como plan de desenvolvemento de negocios, viaxe de estudos a China, distintas redes de traballo, visitas de traballo,...
O programa constará de:
1) Unha semana de formación en Antwerp
2) Unha semana de formación en Shanghai
3) Unha semana de estudio en Beijing
4) Unha semana de recapitulación en Antwerp cunha ceremonia de graduación en Bruselas.

Destinatarios

Requisitos dos participantes:
1) Ser nacional dalgún Estado membro da UE, Candidatos Europeos ou da Área económica Europea
2) Ser empregado nalgunha das organizacións representativas do eido dos negocios.
3) Ter o apoio da organización para participar neste programa
4) Traballar nun departamento internacional UE-Asia
5) Ter un título universitario
6) Excelente dominio do inglés
7) Mínimo de 2 anos de experiencia en asuntos internacionais, especialmente con China.
8) Non ter participado neste programa nalgunha outra ocasión.
Requisitos das organizacións participantes:
-Cámaras de Comercio, Industria e Navegación, federacións de PEMES e industrias, asociacións sectoriais, Federacións de empresarios, ou outras organizacións relevantes no eido dos negocios que presten servizos a PEMES.
-Ter sede ou a súa oficina principal nalgún estado membro da UE, países candidatos, ou países pertencentes á Área Económica Europea.
-Ter ampla experiencia no comercio internacional e un forte interés en China.

Financiamento

O programa ”Understanding China” cubrirá o custo dos cursos, os das visitas de estudio e o aloxamento.
Os participantes deberán desembolsar, ao inicio, unha taxa de 500 €, e tamén serán da súa conta os custos dos voos.

Duración do proxecto

3 semanas e 2 días repartidos dende xuño de 2011 ata decembro de 2011:
1) Módulo 1: 6-10 de xuño 2011 (AMS, Antwerp, Bélxica )
2) Módulo 2: 17-22 de outubro 2011 (CELAP, Shangai, China)
3) Módulo 3: 23-28 de outubro 2011 (Beijing, China)
4) Módulo 4: 12-13 de decembro 2011 (AMS, Antwerp e Bruselas, Bélxica)

Data de publicación

01/01/2011

Data límite de solicitude

01/05/2011

Documentación

Contacto

Ms Anita Ryczan
Asuntos Internacionales, EUROCHAMBRES
E-mail: ryczan@eurochambres.eu

Comentarios

O idioma de traballo será o inglés
Criterios de elixibilidade:
1) Experiencia de traballo relevante
2) Calidade do plan de negocios e posibilidade de implementación a posteriori.
3) Motivación tanto do participante como da organización
4) Balance xeográfico
Aceptaranse un total de 30 participantes, como máximo, en cada programa formativo.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante