Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EUROSTARS. Proxectos de I+D para pemes.

Programa

PROGRAMA CONXUNTO EUROSTARS

Obxectivo xeral

Desenvolvemento de proxectos de I+D en consorcio, de carácter transnacional, liderados por PEMES intensivas en I+D, que representen unha ruptura co estado de arte técnico e un reto comercial, que lles permitan a estas empresas dar un salto cualitativo importante na súa posición no mercado.

Obxectivo específico da convocatoria

-Crear un mecanismo europeo sostible de soporte a estas organizacións.
-Alentar a crear actividades económicas basadas nos resultados de esa I+D e a introducir produtos, procesos e servizos no mercado máis áxilmente.
-Promover o desenvolvemento tecnolóxico e empresarial e a internacionalización das devanditas PYMES.
-Asegurar o financiamento público aos participantes nos proxectos.

Eidos de actuación

Proxectos de investigación e desenvolvemento en consorcio, liderados por PEMES intensivas en I+D, dentro de calquer área tecnolóxica e orientados ao desenvolvemento dun novo produto, proceso ou servizo. Han de ser proxectos que supoñan unha ruptura co estado da técnica e un reto comercial.
Os proxectos poderán tratar calquer área tecnolóxica, pero deberán ter unha finalidade civil.

Destinatarios

Calquer organización pode formar parte do consorcio: PEMES, grandes empresas, universidades, centros de investigación,...
Requisitos:
a) O socio principal debe ser unha PEME intensiva en I+D, é dicir, que invista en I+D máis do 10 % da súa facturación ou na que o 10 % ou máis dos Recursos Humans estén adicados a esta actividade.
b) O proxecto debe involucrar, polo menos, a dúas entidades de, polo menos, dous países participants no programa ( Alemania, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Israel, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumania, Suecia, Suiza e Turquía).
c) As PEMES deben executar, polo menos, o 50 % dos custos da actividade principal do proxecto, aínda que esta porcentaxe pode incluir pequenas contratacións.
d) O consorcio deberá estar equilibrado, o que significa que ningún socio ou país deberá soportar mais do 75 % dos custos totales do proxecto.

Socios

O socio principal debe ser unha PEME intensiva en I+D, é dicir, que invista en I+D máis do 10 % da súa facturación ou na que o 10 % ou máis dos Recursos Humans estén adicados a esta actividade.
O proxecto debe involucrar, polo menos, a dúas entidades de, polo menos, dous países participants no programa ( Alemania, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Israel, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumania, Suecia, Suiza e Turquía).

Financiamento

Cada país asume o financiamento dos seus participantes, polo tanto, a intensidade máxima de financiamento e os custos elexibles varían duns países a outros.

Orzamento total da convocatoria

Ata 2013 a CE achegará 100 millóns de euros, provintes do programa ”Capacities” do 7º Programa Marco, aos que se engadirán 300 millóns de euros dos países sinatarios. Estímase que os proxectos EUROSTARS acaden un orzamento total de 800 millóns de euros en 6 anos.

Duración do proxecto

Os proxectos terán unha duración máxima de tres anos ( agás os proxectos de biotecnoloxía, biomedicina e medicina ) e os resultados haberán de introducirse no mercado en menos de dous anos tras a finalización do proxecto.

Data de publicación

23/12/2010

Data límite de solicitude

22/09/2011

Documentación

Contacto

Mr. Oscar Fernandez Moyano
National Project Coordinator
Centro para o desenvolvemento industrial tecnolóxico (CDTI)
Cid, 4
28001, Madrid
tel: +34 91 581 55 18
fax: +34 91 581 55 86
oscar.fernandez@cdti.es
Ms. Maria Jose Tomas Sanchez
Project Officer
Centro para o desenvolvemento industrial tecnolóxico CDTI)
C/ Cid, 4
28001, Madrid
tel: +34 91 581 5607
fax: + 34 91 581 55 86
tomas_mariajose@cdti.es
Ms. Laura Vivas Rodriguez
Project Officer
Centro para o desenvolvemento industrial tecnolóxico (CDTI)
C/ Cid, 4
28001, Madrid
tel: +34 91 581 04 68
fax: +34 91 581 55 86
vivas_laura@cdti.es
Ms. Marta Conde Vidal
Project Officer
Centro para o desenvolvemento industrial tecnolóxico (CDTI)
Cid, 4
28001, Madrid
tel: +34 91 581 9217
fax: +34 91 581 5586
conde_marta@cdti.es
Ms. Carolina Carrasco
Project Officer
Centro para o desenvolvemento industrial tecnolóxico (CDTI)
C/ Cid, 4
28001, Madrid
tel: +34 91 581 55 40
fax: +34 91 581 55 86
carrasco_carolina@cdti.es

Comentarios

EUREKA xestiona o programa a través do seu Secretariado (ESE) e a rede de Coordinadores Nacionais (NPC) e toma as decisións no Grupo de Alto Nivel (HLG). En España, o Ministerio de Ciencia e Innovación, a través do CDTI é o responasble da xestión do programa. CDTI posee a representación no HLG e a xestión do NPC. As entidades participantes nos proxectos EUROSTARS reciben as axudas a nivel nacional por medio das súas Axencias financiadoras.
O formulario de inscrición debe cumprimentarse e enviarse ao Secretariado de Eureka por e-mail a applications@eurostars-eureka.eu, por
fax ao +32 2 770 74 95 ou por correo postal á seguinte dirección
EUREKA SECRETARIAT
107 RUE Neerveld
1200 Bruselas-Bélxica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante