Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

12/G/ENT/TOU/11/411B.-Promoción dos productos de turismo temático transnacional na UE como medio de desenvolvemento do turismo sustentable.

Programa

ACCIÓN PREPARATORIA PARA O TURISMO SUSTENTABLE

Obxectivo xeral

Incrementar a concienciación sobre a necesidade de desenvolver novas fórmulas de turismo sustentable, fortalecer as redes de turismo transfronteirizo e dinamizar as economías locais e rexionais

Obxectivo específico da convocatoria

Aportar un valor engadido ao sector turístico europeo mellorando a sostibilidade e competitividade da cultura europea e o turismo sostible.
Preténdese apoiar e promover o turismo transfronteirizo, contribuindo de manera directa ou indirecta á consecuención dunha industria turística máis sostible.

Destinatarios

Entidades legais emprazadas nun dos seguintes Estados elixibles:
- Estados membros da UE
- O líder do proxecto (solicitante) debe estar emprazado e rexistrado nun dos 27 Estados membros da UE
- Poderán participar como socios entidades legais de países candidatos, de países da EFTA e de países non pertencentes á UE cubertos pola Estratexia Danubio da UE, aínda que estes non se terán en conta á hora de determinar os custes elixibles.

Socios

Os solicitantes deberán actuar en consorcio, conformado por un mínimo de 4 socios de polo menos 4 países europeos. Ademáis polo menos un dos socios debe ser unha autoridade pública nacional ou rexional responsable do desenvolvemento rexional e/ou do desenvolvemento turístico.

Financiamento

Financiaranse entre 4 e 6 proxectos.
O cofinanciamento máximo da UE será do 75% dos custes elixibles, podendo acadar un máximo de 125.000 EUR por proxecto.

Orzamento total da convocatoria

500.000 EUR

Duración do proxecto

As accións deberán comezar en xaneiro de 2012, e terán unha duración máxima de 12 meses.

Data de publicación

26/05/2011

Data límite de solicitude

01/07/2011

Documentación

Contacto

European Commission
Enterprise and Industry Directorate-General
Call for proposals No: 12/G/ENT/TOU/11/411B
E-mail : ENTR-CFP-1112-SUST-TOURISM@ec.europa.eu
Office: B100 04/28 - B-1049 Brussels, Belgium

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante