Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Promoción do turismo en bicicleta como exemplo de desenvolvemento sostible 2010- ENT/TOU/10/611

Programa

ACCIÓN PREPARATORIA PARA O TURISMO SUSTENTABLE

Obxectivo xeral

Proporcionar valor engadido na mellora da sostibilidade e a competitividade do turismo europeo en bicicleta. Apoiar e promover rutas transnacionais e redes ciclistas coa intención de contribuír, directa ou indirectamente, á redución das emisións da industria turística. O obxectivo da convocatoria é que se elaboren propostas de proxectos e plans de xestión para rutas de turismo ciclista en relación con el EuroVelo Routes, en particular para a Senda do Pano de Aceiro e para o Camiño de Santiago, facilitando o intercambio de información e coordinando actividades.

Obxectivo específico da convocatoria

• Apoiar a xestión da rede europea de rutas ciclistas co obxectivo de mellorar o desenvolvemento de rutas transnacionais sostibles.

• Apoiar a creación de proxectos transnacionais ou transrrexionais , involucrando autoridades públicas, asociacións privadas e ONGs, co o obxectivo específico de desenvolver a Senda do Pano de Aceiro e o Camiño de Santiago.

Eidos de actuación

A acción proposta debe cubrir algunha das seguintes actividades, tanto o tipo A como o B. Pero se algún solicitante quere cubrir ambas debe presentar dúas propostas separadas.

A) Proposta para a xestión de largo alcance e maior desenvolvemento da rede de rutas ciclistas europea.

• Elaboración dunha coordinación técnica e dun plan de xestión para rutas ciclistas europeas a nivel europeo seguindo os criterios e os estándares de calidade da EuroVelo.
• Elaboración dun sistema de avaliación para a calidade das rutas ciclistas de longa distanza baseado nos sistemas nacionais existentes (incluíndo as avaliacións in situ de rutas seleccionadas).
• Elaboración dunha base de datos actualizada sobre as rutas ciclistas europeas incluíndo a recollida de datos, decisións sobre cambios (baseados nas propostas), revisión das rutas, etc.

B) Proposta para a elaboración dun plan de acción transnacional (estudo de viabilidade) para o desenvolvemento e promoción das rutas do Camiño de Santiago (ruta nº3 do EuroVelo) e a Senda do Pano de Aceiro (ruta nº13 do EuroVelo).

• Selección dunha parte da ruta/senda para desenvolver;
• Establecemento dun proceso de contacto entre socios rexionais e/ou nacionais e autoridades políticas;
• Organización de reunións para o contacto entre autoridades e socios para chegar a un acordo sobre a definición final da ruta (especialmente importante no caso da ruta nº13 da EuroVelo) e as especificacións para o plan;
• Avaliación do estado actual de desenvolvemento e elaboración dun plan de acción transnacional destacando paquetes de accións para o curto, medio e longo prazo;
• Organización de talleres técnicos reunindo socios relevantes a nivel rexional e/ou nacional políticos para preparar como seguimento outra solicitude de proxecto, cando fose necesario, para o cofinanciamento baixo os Fondos Estruturais (p.ex. Programas Europeos de Cooperación Territorial) ou calquera outro tipo de programas de financiamento para a execución dos resultados dos estudos de viabilidade e dos plans de acción.

Ambas modalidades de acción deben incluír polo menos un módulo de concienciación para promover e dar visibilidade ao turismo ciclista en Europa.

Destinatarios

Entidades legais establecidas en calquera dos 27 Estados membros. A participación de socios doutros países está permitida pero non se considerará para os custos elixibles.

Poderán participar: autoridades públicas de calquera nivel, institucións académicas, ONG, asociacións internacionais do ámbito do turismo, asociacións rexionais, locais ou federacións transnacionais.

Socios

Para as accións baixo o modelo A non se especifica a necesidade de presentar proxectos conxuntos con máis socios.

Os proxectos baixo o apartado B) deben contar co apoio de un partenariado ou consorcio dun mínimo de tres socios de polo menos tres países distintos da UE.

Financiamento

A taxa máxima de financiamento europeo para os custos elixibles é do 75%.

O financiamento máximo por proxecto será de 120.000 euros.
Financiaranse entre 5 e 8 proxectos.

Orzamento total da convocatoria

600.000 euros

Duración do proxecto

O comezo dos proxectos estipúlase para Xaneiro 2011.

A duración máxima é de 12 meses.

Data de publicación

15/06/2010

Data límite de solicitude

30/07/2010

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Dirección Xeral de Empresa e Industria
E-mail: entr-10611-sust-tourism@ec.europa.eu
B100 04/34- B- 1049 Bruxelas, Bélxica

Comentarios

Non se aceptarán as solicitudes de proxectos que duren máis alá do período especificado.

Prevese avisar os solicitantes do resultado da súa solicitude antes de Novembro 2010.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante